O persoal non subrogado da liña do aeroporto de Santiago reclama recuperar os seus postos de traballo

Compostela -
Considera o Goberno municipal como “único responsable desta desfeita”

Un novo verquido de augas fecais anega as instalacións do 061 en Cangas

Cangas -
É o terceiro incidente deste tipo que se rexistra dende que Ambulancias do Atlántico xestiona o servizo

A CIG esixe a apertura da hospedaría da Casa do Mar da Coruña e frear o deterioro destas instalacións

A Coruña -
Este servizo está regulado por normas internacionais como o Convenio 163 da OIT

O persoal de Galicia Téxtil mobilizarase para esixir a retirada do ERE de extinción

Ferrol -
A empresa, situada en Neda, pretende despedir a máis da metade das traballadoras e traballadores

A veciñanza de Lavacolla bótase á rúa por un servizo de buses de calidade e en apoio do persoal despedido

Santiago -
A CIG está a intensificar as xestións en defensa dos condutores/as que non foron subrogados/as

O transporte interurbano e escolar irá á folga se a Xunta non resolve os problemas detectados

Nacional -
Os impedimentos para subrogar o persoal provocarán despidos e aumentarán os contratos temporais

A CIG-Vitrasa denuncia a inacción da empresa tras confirmarse un positivo por covid no persoal do taller

Vigo -
A dirección non lle comunicou o caso aos delegados de prevención, négase a facer PCR e remite ao Sergas

A Asociación de Veciños/as de Lavacolla solidarízase co persoal da liña de autobús do aeroporto de Santiago

Santiago -
Os traballadores/as foron despedidos/as ao non garantir o Concello a subrogación

Convocada folga en Leche Celta de Pontedeume contra a intención da empresa de cambiar o calendario laboral

Pontedeume -
Os paros desenvolveranse do 4 ao 17 de xaneiro de 12:00 a 16:00 horas

O comité de Vitrasa retira a convocatoria de folga tras ingresar a empresa a paga extra de decembro

Vigo -
A asemblea de traballadores/as optara de xeito maioritario por esta medida de presión

A CIG responsabiliza directamente o Concello de Santiago da non subrogación do persoal da liña do aeroporto

Compostela -
Atópanse dun día para outro na rúa, despois de máis de 20 anos neste servizo nalgún caso

O ISM comunica que só habilitará de maneira provisional o servizo médico de Corcubión

Corcubión -
A CIG demanda que se manteña un servizo que atende a 1400 traballadores/as do mar da Costa da Morte

Comités de URBASER e TRALUSA urxen información sobre as condicións dos novos concursos

Compostela -
Concentráronse novamente no concello de Santiago coincidindo co debate dunha moción da oposición

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).