A CIG non asina o convenio de oficinas e despachos de Lugo porque non recupera salarios e elimina a antigüidade

Lugo -
O texto asinado pola UGT e a patronal segue mantendo as táboas no límite do SMI e suprime o complemento que permitía cobrar un 6% máis do salario base por cada trienio

A CIG convoca folga no comercio de alimentación de Lugo o 10 de outubro en resposta ás miserentas propostas da patronal

Lugo -
A central anima ao conxunto do persoal a secundar o paro e participar na manifestación que sairá ás 11h do Hiper Froiz da rúa Montero Ríos

Persoal do metal de Lugo quenta motores para a folga cunha concentración no Polígono do Ceao

Lugo -
As asembleas acordaron ir ao conflito en resposta á parálise patronal na negociación dos convenios

Convocada folga no metal de Lugo os días 14 e 21 outubro ante a falta de avances na negociación dos convenios

Lugo -
O 1 de outubro haberá unha primeira mobilización, ás 13h, no Polígono do Ceao

As asembleas de persoal do metal de Lugo apostan pola mobilización se non hai avances na negociación dos convenios

Lugo -
Despois de sete reunións, a patronal só trasladou unha proposta en materia salarial moi afastada das demandas sociais e sen entrar noutras cuestións

Burger King Lugo volve restrinxirlle a auga ao persoal e modifica as quendas de xeito ilegal

Lugo -
A CIG-Servizos xa denunciara estas prácticas na Inspección de Traballo

A CIG denuncia a falta de persoal e a ausencia de medidas ante o brote de sarna na residencia DomusVi Monforte

Monforte -
Reclámalle á dirección da empresa a activación inmediata do protocolo de seguridade

CIG-Saúde exíselle ao SERGAS a reversión á xestión pública dos servizos de dietética externalizados

Nacional -
A central denuncia un novo intento privatizador do PP e reclama que as funcións de dietética sexan prestadas con persoal propio da sanidade pública

A CIG clama contra a actual deriva represiva coa que se pretende controlar a disidencia e silenciar a clase obreira

Nacional -
Desenvolveu mobilizacións na Delegación e nas Subdelegacións do Goberno nas catro provincias para esixir a derrogación da Lei Mordaza

A Valedora do Pobo admite a queixa da CIG-Saúde pola situación da pediatría itinerante que atende as crianzas do sur de Lugo

Chantada -
A central presentou escrito ante a falta de solucións e a vulneración do dereito á saúde das cativas e cativos

A CIG reclámalle a Gadis e Froiz que senten negociar xa o convenio de comercio de alimentación de Lugo

Lugo -
A central lembra que o convenio é o peor das catro provincias, polo que urxe avanzar na mellora das condicións salariais e laborais do persoal

Concentración no CPI Ramón Piñeiro de Láncara para exixir a cobertura do único posto de conserxería

Láncara -
O Concello leva máis de dous meses sen substituír a baixa da persoa que ocupa este posto

A CIG presenta denuncia na Inspección de Traballo polo accidente mortal en Vilalba e personarase como acusación particular

Vilalba -
A central denuncia que a empresa Demaq Galicia non cumpriu a lei de prevención nin podía terlle encomendado tarefas de elevado risco ao operario falecido, que se atopaba en prácticas