A CIG esixe rematar de inmediato coas deficiencias na sala de autopsias do IMELGA en Pontevedra

Pontevedra -
Advirte de que o posíbel traslado ao novo hospital de Montecelo non pode servir de escusa para atrasar as solucións que garantan a saúde laboral

Persoal da limpeza de colexios e instalacións deportivas de Pontevedra mobilízase para esixir a readmisión de catro compañeiras

Pontevedra -
O Concello anunciou que se porá en contacto con Serveo para que anule os despidos e que vixiará se se están a producir irregularidades na concesión

Persoal civil de Defensa mobilízase en Marín e Ferrol para que se garanta a mellora retributiva anunciada polo Ministerio

Marín/Ferrol -
A CIG aposta por continuar coas protestas “até que os compromisos se convertan en feitos”

A CIG esixe que se priorice o mantemento da actividade fronte ao desmantelamento das empresas Frigodeza, Nucamsa e Rivero

Pontevedra/Ourense -
Demándalle ao administrador concursal que opte polas ofertas neste sentido e adopte medidas de vixilancia para evitar a venda de activos

A CIG esíxelle á Xunta a entrega inmediata das medicións de gas radon nos edificios xudiciais

Pontevedra -
Persoas delegadas do sector de Xustiza da CIG-Administración mobilizáronse hoxe diante da Audiencia Provincial de Pontevedra para denunciar a demora na comunicación dos resultados

A Inspección de Traballo constata conduta discriminatoria de Mercadona contra persoas afiliadas e representantes da CIG

Vigo/Pontevedra -
A central denuncia un novo caso de persecución sindical por parte da empresa, que foi proposta para sanción de 50.000 euros

Persoal civil de Defensa mobilízase en Ferrol e Marín a dous días da nova reunión da mesa de negociacións

Ferrol/Marín -
A CIG reivindica que as melloras salariais aplicadas en 2025 se transformen nunha retribución “estábel, permanente e garantida”

A CIG-Saúde denuncia deficiencias no servizo de pediatría da área de Pontevedra-O Salnés

Pontevedra/O Salnés -
Acusa a Xerencia de mentir cando di que as prazas están cubertas por pediatras, xa que nalgúns casos é persoal médico de familia cun curso de puericultura

Persoal da Fundación Lar de Vilagarcía mobilízase contra os despidos e as sancións

Vilagarcía -
A CIG denuncia que a entidade sen ánimo de lucro que presta servizo para a Xunta está a aplicar unha política de presións e abuso de poder

Unha xerocultora de DomusVi Ribadumia evacuada de urxencia polo 061 tras sufrir un golpe de calor mentres levantaba residentes

Ribadumia -
O accidente laboral prodúcese despois da visita da Inspección de Traballo ante as reiteradas denuncias do comité polas temperaturas extremas e a falta de persoal

Veciñanza de Marín recibe o presidente da Xunta ao berro de “metede a Rueda nas listas de espera”

Marín -
A plataforma pola defensa do centro de saúde denuncia que as consultas de tarde están suspendidas até o 1 de outubro

Persoal da industria vitivinícola reclámalle á patronal que sente xa negociar o convenio colectivo

Cambados -
A protesta desenvolveuse en Cambados coincidindo coa Festa do Albariño

A CIG iniciará en Cambados as mobilizacións para reclamar que se negocie xa o convenio provincial da industria vitivinícola

Cambados -
A protesta realizarase o 2 de agosto, coincidindo coa celebración da Festa do Albariño