Fundacións

Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza (FESGA)

A Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza (FESGA) é unha Fundación galega constituída pola Confederación Intersindical Galega (CIG) en maio do 2004, coa finalidade de: fomentar o estudo e a investigación sobre cuestións sociais e laborais, en xeral, realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia dos sindicatos e do movemento obreiro galego, particularmente do sindicalismo nacionalista, estudar a realidade actual da clase obreira galega e dos movementos sociais, así como a problemática nacional.

Máis información en:

http://www.fesga.org/

Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza (forGA)

A fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (forGA) foi promovida por iniciativa da Confederación Intersindical Galega (CIG); organización coa que, hoxe en día, colabora en diversos ámbitos: a formación, o emprego, a orientación e a investigación.

Máis información en:

https://forga.gal