CIG Diario Dixital Avantar

A CIG-Construción advirte de que os recentes accidentes laborais graves no sector evidencian a falta de formación e seguridade
A Federación da Construción e Madeira (FCM) da CIG advertiu hoxe que os recentes accidentes laborais graves rexistrados no sector en Galiza -catro en apenas dous meses- evidencian a problemática que a central sindical vén denunciando dende hai tempo, e que ten que ver coa falta de formación e as deficiencias en materia de prevención e seguridade laboral. En consecuencia, instan as administracións públicas a intervir e as empresas a adoptar as medidas necesarias para garantir a saúde e integridade das persoas traballadoras.

CIG-Saúde denuncia que a Consellería de Sanidade converte a Mesa Sectorial nun simple trámite informativo
A CIG-Saúde manifesta o seu profundo malestar pola falta de respecto da Consellería de Sanidade á negociación colectiva e á representación sindical das traballadoras e traballadores do SERGAS. A Administración pretende abordar na Mesa Sectorial do 20 de outubro medidas que xa terá presentado no Parlamento de Galiza o día anterior, sen dar oportunidade a unha negociación previa.

‘Eólica Así non’ denuncia o desamparo do Consello Xeral do Poder Xudicial e da presidencia do TSXG ante o traslado masivo de preitos
A Coordinadora ‘Eólica Así Non denuncia a falta de amparo e desaire amosados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) ante a queixa presentada perante este organismo contra a decisión arbitraria e inxustificada da nova presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), Azucena Recio, de trasladar de sección xudicial todos os preitos relativos a proxectos eólicos e a liñas de evacuación. Esta decisión prodúcese despois de xa ter ordenado o traslado forzoso a outra sección dalgúns dos maxistrados que fallaron a favor da paralización cautelar de polígonos eólicos.

A CIG expresa a súa solidariedade cos presos políticos saharauís do grupo Gdeim Izik en folga de fame
A CIG vén de expresar publicamente a súa solidariedade cos presos políticos saharauís do grupo Gdeim Izik en folga de fame, cando se cumpren xa 23 días desde o inicio desta acción de protesta o 23 de setembro.

Galiza ten 47 centros nos que non se ofertan Latín e Grego presencial malia contar con profesorado con horario dispoñíbel
O persoal docente de Filoloxía Clásica vén de realizar un estudo nun cento de institutos galegos para comprobar unha tendencia que é evidente nos últimos anos: a redución da oferta das materias de Latín e Grego, a amortización de prazas cando se producen xubilacións e a non cobertura desas vacantes nin sequera de forma provisional por profesorado destas especialidades. Froito deste estudo detectaron que nestes intres hai 47 centros con profesorado de Latín e Grego que non están ofertando estas materias senón derivando o alumnado interesado (máis de 200 estudantes) á educación a distancia.

O persoal de transporte de mercadorías continúa na Coruña coas protestas por un convenio digno
Persoal do transporte de mercadorías por estrada concentrouse este xoves no Polígono da Agrela da Coruña para reclamar un convenio provincial digno. A protesta enmárcase no calendario acordado polas centrais sindicais logo da patronal rachar coa mesa de negociación e terá continuidade o vindeiro 22 de outubro cunha nova concentración, ás 11h, en Narón, diante da porta da empresa TAT.

Claman contra a conselleira de Política Social en Santiago pola dignificación laboral nos servizos de atención ás persoas
Persoal dos sectores de discapacidade, menores, educación infantil de 0 a 3 anos, residencias e Servizo de Axuda no Fogar (SAF) mobilizouse hoxe en Santiago de Compostela para reclamar un sistema galego público de atención ás persoas, con salarios dignos e recursos suficientes para garantir unha prestación de calidade. A primeira hora da mañá desenvolveuse unha protesta na Cidade da Cultura coincidindo coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García, acción que posteriormente se trasladou até a sede da Xunta en San Caetano, onde se deu lectura a un manifesto que recolle as principais reivindicacións de cada sector.

A CIG-Administración esixe responsabilidades ao Concello de Culleredo tras a condena por vulnerar a liberdade sindical
A CIG-Administración Pública esíxelle responsabilidades ao alcalde de Culleredo e á concelleira responsábel en materia de Persoal despois de que o Xulgado do Social nº 1 da Coruña declarase que o Concello vulnerou o dereito fundamental á liberdade sindical dunha delegada. A sentenza considera que a actuación municipal carece de xustificación obxectiva e razoábel e ordena o cesamento da conduta vulneradora, amparando ademais os dereitos sindicais que o Goberno local se negara a recoñecer, como o crédito horario e o uso deste.

A CIG condena a agresión fascista a un compañeiro sindicalista das Pontes
A CIG quere amosar a súa total condena e repulsa á agresión sufrida polo compañeiro Luis Castro da Unión Local das Pontes mentres colocaba unha faixa alusiva a un conflito laboral. A central nacionalista alerta do incremento deste tipo de ataques fascistas e insta a non calar nin deixar sen denunciar calquera acción que atente contra os dereitos e as liberdades democráticas.

Unha sentenza pioneira confirma as eleccións sindicais gañadas pola CIG en Eleuterio López y Cía., do grupo Monbus
O xulgado do Social nº 2 de Santiago vén de emitir unha sentenza firme, contra a que non hai posibilidade de recurso, que confirma a validez das eleccións sindicais celebradas en Eleuterio López y Cía., empresa do grupo Monbus, nas que o sindicato resultou gañador. A resolución xudicial desestima a demanda presentada pola empresa e confirma o laudo arbitral de Inspección de Traballo que xa validara o proceso electoral, avalando a agrupación de distintos lugares de traballo promovida pola CIG.

Seguimento maioritario na primeira xornada de folga no metal de Lugo por convenios dignos
A primeira xornada de folga en demanda de convenios colectivos dignos no siderometal e no comercio do metal de Lugo está resultando un éxito de seguimento, coa actividade da maioría das empresas da provincia paradas e o persoal mobilizándose na rúa.

A CIG chama a participar na manifestación deste sábado 17 en defensa da sanidade pública de Valdeorras
A CIG fai un chamamento a participar este sábado 17 de outubro na manifestación convocada pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras en defensa da sanidade pública da bisbarra e contra o desmantelamento do hospital comarcal. A marcha a pé arrincará dende o centro hospitalario do Barco ás 17:30 horas.

A CIG logra 8 de 9 representantes en Viveiros Río Tollo de Tomiño a primeira vez que se celebran eleccións
A CIG vén de lograr 8 de 9 representantes no comité de empresa de Viveiros Río Tollo a primeira vez que se celebran eleccións sindicais nesta compañía de Goián (Tomiño) dedicada á comercialización de plantas e que conta con 122 persoas traballadoras.

A CIG esixe que se priorice o mantemento da actividade fronte ao desmantelamento das empresas Frigodeza, Nucamsa e Rivero
A FGAMT-CIG de Pontevedra esixe que se priorice o mantemento da actividade das empresas Industrias Frigoríficas del Deza (Frigodeza), Nutrimentos del Campo (Nucamsa) e Riverno Alimentación, pertencentes ao Grupo Campos e que se atopan en fase de concurso de acredores. Dende a central sindical demandan do administrador concursal que opte polas ofertas que aposten pola continuidade das unidades produtivas e dos empregos, ao tempo que lle reclaman a adopción de medidas de control e vixilancia para evitar a venta de activos e a descapitalización das compañías.

Almacéns paralizados e tendas pechadas ou en mínimos na nova xornada de folga no comercio de alimentación da Coruña
O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña chegou este martes á decimo cuarta xornada de folga (a terceira no mes de outubro) en demanda dun convenio digno. Un día máis, o paro rexistra un seguimento masivo cos almacéns e plataformas loxísticas sen actividade e con tendas pechadas ou abertas coas seccións sen actividade e tirando de persoal eventual.

A plataforma en defensa dos medios públicos denuncia a manipulación insoportable e secundará a mobilización do comité
A plataforma en defensa dos medios públicos de comunicación, creada en 2022 ao fío da gran manifestación que o 6 de novembro dese ano demandou en Compostela “Unha CRTVG ao servizo do pobo”, acordou camiñar cara unha nova mobilización para esixir de novo que a radiotelevisión pública, que consideran secuestrada polo Partido Popular que goberna na Xunta, se poña ao servizo de todos os galegos e galegas.

A CIG rexistra a convocatoria de folga xeral en Galiza, o 11N, para frear a deterioración das condicións de vida
A CIG rexistrou esta mañá a convocatoria de folga xeral en toda Galiza para o vindeiro 11 de novembro para reclamar da Xunta de Galiza e do Goberno español un Plan de Choque que permita frear o deterioro das condicións de vida da clase traballadora. Baixo o lema “Galiza en loita por unha vida digna”, a central sindical denuncia que o encarecemento da vida, os salarios insuficientes, a crise da vivenda, a precariedade laboral e a deterioración dos servizos públicos están empobrecendo á maioría social, mentres as grandes empresas continúan obtendo beneficios extraordinarios.

A CIG convoca “martes negros” en Iberdrola para denunciar a perda de poder adquisitivo
A CIG ten convocados “martes negros” en Iberdrola, con concentracións durante o mes de outubro diante da sede central na Rúa de Valdeorras de 8:30 a 8:45 horas, para denunciar a ”escandalosa” perda de poder adquisitivo por parte do persoal da empresa eléctrica. Estas mobilizacións están a celebrarse tamén xe xeito simultáneo en Euskal Herria promovidas pola central sindical vasca ELA.

Centos de persoas mobilízanse na folga do comercio de alimentación en Compostela e Ribeira
A xornada de folga deste sábado no comercio de alimentación da provincia da Coruña tivo un importante seguimento en Ribeira e Santiago, onde centos de persoas sumáronse á manifestación convocada para reclamar un convenio colectivo provincial digno. Segundo valorou Lucía Freire, representante da CIG, a mobilización foi un éxito e evidenciou a disposición do persoal a continuar loitando por mellorar as súas condicións laborais e salariais.

10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental: en defensa do dereito á baixa laboral
Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, a Plataforma SOS Sanidade Pública organizou unha serie de debates ao longo desta semana en diferentes cidades e vilas que culminaron este sábado, 10 de outubro, cun acto central en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, o debate centrouse no traballo e a saúde mental.

O persoal de Betanzos HB e da auxiliar Masa concéntrase en memoria do compañeiro falecido e para esixir máis seguridade na fábrica
Un grupo de traballadores e traballadoras de Betanzos HB, así como da empresa auxiliar Masa, concentráronse este venres ás 17:30 horas ás portas da fábrica para lembrar o compañeiro que perdeu a vida no accidente laboral ocorrido o pasado luns, 5 de outubro, e reclamar máis seguridade nas instalacións.

O comité de BorgWarner anuncia protestas ante o incumprimento do convenio en materia de xornada, contratación e saúde
O comité de empresa de BorgWarner, empresa do sector da automoción con centros de traballo no Porriño, Vigo e Nigrán, vén de anunciar a convocatoria de mobilizacións ante os incumprimentos do convenio en materia de xornada, contratación eventual e saúde laboral.

Desconvocada a folga no comercio de alimentación de Lugo tras UGT asinar un convenio ás agochadas do persoal
A CIG anuncia a desconvocatoria da folga e a manifestación prevista para mañá, sábado 10 de outubro, no comercio de alimentación da provincia de Lugo despois de ter coñecemento esta mesma mañá do preacordo acadado pola patronal e a UGT, de costas ás traballadoras e traballadores do sector e fóra da comisión negociadora do convenio.

O asinamento do convenio, tras apenas a segunda reunión de negociación, coa folga xa convocada e co sector mobilizado, supón para a CIG unha oportunidade perdida para conseguir un convenio substancialmente mellor.

A CIG, CCOO e UGT retoman as mobilizacións en demanda dun convenio digno para o transporte de mercadorías da Coruña
CIG, CCOO e UGT concentráronse esta mañá na rotonda do Polígono do Tambre, en Compostela, para reclamar un convenio colectivo digno para o persoal do transporte de mercadorías da provincia da Coruña. A mobilización forma parte do calendario de protestas acordado polas tres centrais sindicais tras a ruptura da mesa de negociación o pasado mes de xuño e ante a falta de avances por parte da patronal.

A CIG participa en Montevideo no 60 aniversario da unificación da PIT-CNT
A central uruguaia pechou o ciclo de actividades de conmemoración do 60ª aniversario da súa unificación coa celebración dun seminario internacional durante os días 3 e  4 de outubro na súa sede en Montevideo.