O persoal abaixo asinante, todas e todos nos, persoal baixo a afectación da aplicación do convenio colectivo provincial do sector de transporte de viaxeiros por estrada de Lugo.

EXPOÑEMOS

O convenio de transporte de viaxeiros da provincia de Lugo tiña vixencia para o período 2013-2015, mantendo cláusula de ultraactividade e coas derradeiras táboas salariais correspondentes á anualidade 2015.
Por Resolución de 14.12.2017 publícase o Acordo marco galego do sector do transporte de viaxeiros por estrada, con vixencia para o período 2017-2018, manténdose vixente ata a substitución do mesmo por un novo, resolvendo na provincia de Lugo un incremento salarial para os anos 2016 e 2017 do 2,6% con aplicación a tódolos conceptos retributivos, con efectos retroactivos ó 01.07.2017, sendo estas táboas salariais as derradeiras publicadas e de afectación na actualidade.
Constituída a Mesa negociadora do convenio de transporte de viaxeiros da provincia de Lugo, non se evoluciona favorablemente, ficando estancada a negociación do convenio sen que se tivera evolucionado dende 2019.
Na actualidade, tendo en conta a evolución do IPC reais, acumulamos un diferencial negativo moi significativo de falta de incremento nos salarios do persoal deste sector. Non existindo motivo polo cal non se evolucione na negociación deste convenio.

Polo que SOLICITAMOS

Das partes con presenza na Comisión negociadora do convenio de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (Asociación Provincial de Empresas de Transporte de Viaxeiros por Estrada da Provincia de Lugo, Unión General de Trabajadores, Comisiones Obreras e Confederación Intersindical Galega) se proceda á maior brevidade posible á reanudación formal da negociación real e efectiva do convenio do sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

Á/A ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESAS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE LUGO
Estación de Autobuses de Lugo – CP 27002 – Lugo. Fax 982 22 55 43 – 981 598 620. E-mail: info@transgacar.es

Á/A SINDICATO UNIÓN GENERAL DE TRABAJADORES (UGT)
Ronda Muralla nº 58 – 1º Andar – CP 27003 – Lugo. Fax 982 246 511. E-mail: ugtlugo@galicia.ugt.org

Á/A SINDICATO COMISIONES OBRERAS (CCOO)
Ronda Muralla nº 58 – 4º Andar – CP 27003 – Lugo. Fax 982 245 907. E-mail: uclugo@galicia.ccoo.es

Á/A SINDICATO CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG)
Ronda Muralla nº 58 – 2º Andar – CP 27003 – Lugo. Fax 982 22 58 12. E-mail: lugo@galizacig.gal

Información Básica sobre Protección de Datos
Responsable: Confederación Intersindical Galega (CIG).
Finalidade: Comunicacións e xestións propias do sindicato coas persoas interesadas na información recollida nesta páxina.
Lexitimación: Consentimento do/a interesado/a.
Destinatarios/as: As entidades obxecto desta solicitude: Asociación Provincial de Empresas de Transporte de Viaxeiros por Estrada da Provincia de Lugo, Unión General de Trabajadores, Comisiones Obreras e Confederación Intersindical Galega.
Dereitos: Acceso, rectificar e suprimir os datos, así coma outros dereitos, como se explica e detalla na información adicional.

Información adicional:Pode acceder os formularios para exercer os seus dereitos así como consultar a información adicional e detallada sobre a política de protección de datos na seguinte URL da nosa web: https://cig.gal/politica-proteccion-de-datos.html

Consentimento*
Canto suman 8 e 3?