A CIG gaña as eleccións sindicais na empresa ourensá Coasa
A central logrou aumentar a súa representación ao pasar de cinco a seis delegados/as no comité
A CIG insta a Administración a establecer coeficientes redutores da idade de xubilación no sector naval
A central, na súa condición de sindicato máis representativo, vén de rexistrar a petición ao Ministerio
A terceira xornada de folga paraliza a produción en Inoxidables de Rábade
Os traballadores están en paro indefinido de 24 horas dende o luns
Marga Corral: “As empresas venden respecto pola igualdade de oportunidades e pola conciliación cando na práctica as vulneran”
A CIG mobilizouse en Citroën para rexeitar o acordo interno que limita o dereito a compatibilizar a vida laboral e familiar
A CIG mobilizarase en Citroën contra os atrancos en materia de conciliación laboral e familiar
Denunciou no Xulgado o acordo que afecta especialmente ás mulleres xa que limita a redución da xornada
ZF Dalphimetal, compañía da automoción viguesa, discrimina traballadoras que secundaron a folga do 8M
A CIG denuncia que a dirección non lle renovou o contrato a unha operaria que participou nos paros
A CIG mobilízase en Ourense e Vigo contra a explotación de persoal transfronteirizo en Galiza e Portugal
As empresas aproveitan a desregulación laboral da UE para nutrirse de man de obra precaria ante a inacción da Xunta e da Inspección
Desconvocada a folga no mantemento do CHUO
O acordo entre Ferrovial e a representación dos traballadores chegou tras 110 xornadas de paro
O comité de Meirama exíxelle a Gas Natural Fenosa que despexe dunha vez o futuro da planta
Adianta que actuarán en función do que decida a multinacional
CIG-Industria diríxese aos grupos parlamentares para abordar a situación laboral do persoal das auxiliares
A central subliña ao carácter estratéxico do sector naval en Galiza
A CIG insta unha xuntanza o vindeiro martes para avanzar na recuperación dos acordos das auxiliares do naval
Lembra que a mesa ten que asumir tamén cuestións como formación, seguridade ou subcontratación
O comité de Ferroatlántica reclámalle á Xunta que obrigue a empresa a cumprir cos compromisos de contratación
Mantiveron un encontro co delegado territorial da Coruña e co xefe de Industria na provincia
A CIG demanda no parlamento de Galiza emprego digno no sector das telecomunicacións
Reuníronse cos grupos parlamentares da oposición no decurso dunha concentración
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.