Navantia precisa incrementar a contratación directa, mudar a organización e potenciar reparacións e fabricación
Comunicado das seccións sindicais da CIG ante o anuncio da SEPI de impulsar un Plan estratéxico
CIG-Industria Compostela denuncia que o Grupo Cortizo se enriquece a custo de explotar o seu persoal
Dende a central aseguran que obriga a facer horas de máis e incumpre descansos obrigatorios
O Comité de Ferroatlántica lamenta a ambigüidade de Feijoo e pídelle que acelere a reunión con Industria
O persoal conseguiu manter unha xuntanza co Presidente da Xunta ás portas do Parlamento
Desacordo da CIG-Navantia coa externalización do 100% da enxeñería de detalle para os AOR australianos
Advirten que se afonda nun modelo de empresa de simple xestión e dependente da subcontratación
O Comité de Hércules de Armamento e Industria analizan a posibilidade de crear unha Mesa de Traballo
Na busca de posíbeis solucións para garantir o emprego e a actividade produtiva na fábrica de armas
O persoal de Ferroatlántica responde ao acordo de venda das centrais cunha folga o venres 10 de marzo
O Comité demanda da Xunta un pronunciamento contundente contra esta operación ilegal
Traballadores/as de GES Siemsa mobilízanse en defensa dos empregos e das condicións laborais
A empresa pretende aplicar un ERE de extinción, un temporal e unha redución salarial do 5%
GES formula un plan de viabilidade que contempla un ERE, un ERTE e unha redución dos salarios
O persoal inicia este martes mobilizacións en defensa dos empregos e as condicións laborais
O 98% do persoal da empresa Componentes secunda a xornada de folga contra a conxelación salarial
A CIG e CCOO convocaron un día de paro para rexeitar o convenio que pretende impoñer a dirección
Traballadores/as de Hércules de Armamento: "Hai solución, Xunta implicación"
Persoal da fábrica de armas, que hoxe fixo folga, volve reclamar a Industria unha reunión urxente
CIG-Industria reúnese co director de Navantia Ferrol para coñecer o contido do proxecto "Estaleiro 4.0"
Ante a preocupación polo futuro dunhas instalacións fundamentais para a comarca e o país
A CIG aposta pola inovación para frear a caída do sector galego do automóbil
A central explicou as súas propostas para a automoción nun encontro con organizacións políticas
Convocada folga indefinida no mantemento do alumeado de Vigo pola modificación das condicións de traballo
O persoal denuncia incumprimentos de convenio e pide a actualización das categorías profesionais
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.