- « Primeiro
- « Anterior
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- Seguinte
- Último »
O comité de empresa de Vitrasa reúnese coa dirección e co Concello sen lograr avances no conflito laboral
A representación do persoal reclamou a retirada da concesión polos continuos incumprimentos da compañía, que se nega a negociar o convenio
Convocada folga indefinida en Serviguide contra o exceso de xornada e para reclamar o pago das horas extra
O persoal da empresa que carga e transporta polos para Avigal, sobre todo na comarca do Deza, desenvolveu unha protesta en Lalín
CIG rexeita o preacordo de convenio de axencias marítimas da Coruña porque precariza e empobrece o sector
O comité de Vitrasa denuncia que nin a empresa nin o Concello acceden a negociar a pesar do aumento dos paros
Dende a representación do persoal descúlpanse polos prexuízos que a medida de presión lle está a causar ás persoas usuarias
Desconvocada definitivamente a folga en Ambulancias Civera tras abonar a empresa os salarios pendentes
A concesionaria do transporte sanitario programado de Pontevedra-O Salnés tamén solucionou a problemática dos cuadrantes laborais
Desestimado o recurso de Vitrasa contra o laudo que rexeitara a inaplicación de convenio pola empresa
A sentenza sinala que a compañía non pode cargar no seu persoal unhas perdas económicas que xa coñecía cando prorrogou a concesión
Os soldos subirán sobre un 6% na conserva ao aplicarse o novo convenio e a cláusula de revisión do IPC real
A comisión de igualdade está a traballar na mellora da clasificación profesional para rematar coa discriminación das mulleres
Persoal das empresas estibadoras concéntrase na Autoridade Portuaria de Ferrol por un convenio digno
A CIG retoma as mobilizacións por un convenio digno nas empresas estibadoras da provincia da Coruña
Suspendida a folga en Ambulancias Civera de Pontevedra unha vez que o persoal comezou a cobrar o salario íntegro
Os traballadores/as decidiron deixar sen efecto a medida de presión, pero non descartan retomala se volven os atrasos nos pagos
Folga indefinida en Ambulancias Civera para reclamar o pago íntegro do salario de decembro
A empresa concesionaria do transporte sanitario programado aínda non abonou as nóminas a pesar da protesta do pasado xoves
Persoal de Ambulancias Civera de Pontevedra péchase en Montecelo para esixir o pago íntegro do soldo de decembro
Forzou unha reunión co xerente da área sanitaria, que se comprometeu a dirixirse ao empresario para que salde a débeda de inmediato
- « Primeiro
- « Anterior
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- Seguinte
- Último »
Sectores produtivos relacionados coa federación
Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).