Non existen artigos de novas actualmente.

Últimas novas


O VIII Congreso de banca reelixe a Sefi Romero como secretaria nacional

Susana Méndez chama a combater o teletraballo nas empresas e nas rúas porque “a forza da clase traballadora nace da loita colectiva”

Nacional -

A federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Centros de Chamadas da CIG reelixiu, este sábado, con 107 votos a favor, 2 en branco e ningún nulo, a Sefi Romero como secretaria nacional, no seu VIII Congreso, que se celebrou baixo o lema “O sindicalismo necesario”. No decurso da mañá os e as delegadas avaliaron o traballo desenvolvido nos últimos catro anos e analizaron a situación dos diferentes sectores e definiron as liñas que guiarán a acción sindical no próximo período.



A VIII Asemblea da CIG-Servizos de Vigo elixe a Alfredo Filgueiras novo secretario comarcal

Tamén se renovaron a Executiva e a Dirección comarcais e escolléronse os representantes no Consello federal

Vigo -

A VIII Asemblea da CIG-Servizos de Vigo escolleu hoxe a Alfredo Filgueiras Pereira novo secretario comarcal por 68 votos a favor e 3 en branco. No proceso celebrado no local da central sindical tamén se renovaron a Executiva e a Dirección comarcais e escolléronse os representantes no Consello Federal.



O VIII Congreso da CIG-Saúde elixe a Manuel González Moreira como novo secretario nacional

No proceso tamén se renovou a Executiva e se escolleron os representantes do Consello Confederal

Nacional -

O VIII Congreso da CIG-Saúde que tivo lugar hoxe en Vigo elixiu a Manuel González Moreira como novo secretario nacional da federación por 91 votos a favor, 2 en branco e 1 nulo. Durante o proceso, que se celebrou baixo o lema 'Avanzando xuntas', tamén se renovou a Executiva e se escolleron as persoas que representarán a federación no Consello Confederal.



A III Asemblea da CIG-Industria de Lugo-A Mariña elixe a Xosé Manuel Peña como secretario comarcal

Tamén se escolleron as persoas que formarán parte da Dirección Comarcal

Lugo/A Mariña -

A III asemblea da CIG-Industria de Lugo-A Mariña elixiu o pasado venres a Xosé Manuel Peña Abeijón como novo secretario comarcal. A candidatura de Peña, a única que se presentou, recibiu o apoio unánime dos delegados e das delegadas que participaron na asemblea celebrada nos locais de Burela, e nela tamén se escolleu á Executiva comarcal da federación, as persoas que formarán parte da Dirección Comarcal da CIG-Industria en Lugo-A Mariña, do Consello Comarcal e mais do Consello Federal.



O VIII Congreso da CIG-Administración Pública elixe a Luis Carballo como secretario federal

No proceso escolleuse tamén a nova Executiva federal e as persoas para o Consello Confederal

Nacional -

O VIII Congreso da CIG-Administración Pública escollía este sábado a Luis Carballo Pose como novo secretario federal. No proceso que tivo lugar no Pazo de Congresos de Compostela baixo o lema "Emprego público e de calidade. Servizos públicos", tamén se elixiu a nova Executiva da federación e mais ás persoas que representarán a CIG-Administración no Consello Confederal da CIG.



Plácido Valencia, reelixido secretario nacional da CIG-Construción polo VIII Congreso da federación

No proceso tamén se renovou a Executiva e escolléronse os representantes no Consello Nacional

Nacional -

Plácido Valencia Rodríguez foi reelixido secretario nacional polo VIII Congreso da Federación da Construción e Madeira (FCM-CIG) por 34 votos a favor e 3 en branco. Durante o proceso celebrado hoxe en Santiago baixo o lema '25 anos construíndo a patria galega' tamén se renovou a Executiva (que recibiu igualmente 34 votos a favor e 3 en branco) e escolléronse os representantes no Consello Nacional.



O V Congreso da FGAMT-CIG reelixe a Dores Martínez como secretaria nacional

No proceso instouse a reforzar a organización e promover a participación da base social

Nacional -

O V Congreso da FGAMT-CIG (que agrupa os sectores de Alimentación, Mar, Téxtil, Telecomunicacións e Transportes) reelixiu este sábado a Dores Martínez Castelo como secretaria nacional. A súa candidatura, a única que se presentou, recibiu o apoio unánime das e dos congresistas ao obter 94 votos, a totalidade das papeletas emitidas. No proceso, que se desenvolveu nun hotel de Teo baixo o lema "Sumando para avanzar", tamén se elixiu a nova Executiva Nacional e as persoas que representarán a federación no Consello Confederal da CIG.



A CIG-Ensino reelixe a Suso Bermello como secretario nacional no seu VIII Congreso

Renovou os seus órganos de dirección e definiu os seus obxectivos para o próximo período

Nacional -

A CIG-Ensino reelixiu este sábado a Suso Bermello como secretario nacional por 133 votos a favor, 0 nulos e 9 en branco no seu VIII Congreso, no que as delegadas e delegados asistentes analizaron o traballo desenvolvido neste período e definiron as liñas de acción sindical que guiarán á federación nos vindeiros catro anos.



A CIG-Industria reelixe a Xoán Xosé Bouzas como secretario nacional no seu III Congreso

Renovou os organismos de dirección e definiu as liñas de actuación para os próximos anos

Nacional -

A CIG-Industria celebrou este venres o seu III Congreso, no que resultou reelixido Xoán Xosé Bouzas como secretario nacional con 105 votos e 6 abstencións. Unha xornada que foi clausurada polo secretario xeral da CIG, Paulo carril, na que as delegadas e delegados asistentes analizaron a crítica situación na que se atopa o sector en Galiza e acordaron as liñas de actuación para enfrontala no próximo período.



Transi Fernández, reelixida secretaria nacional da CIG-Servizos polo VIII Congreso da federación

No proceso tamén se renovou a Executiva e fixáronse as liñas de actuación para os vindeiros anos

Nacional -

Transi Fernández foi reelixida como secretaria nacional da CIG-Servizos polo VIII Congreso da federación, que se celebrou este venres en Santiago baixo o lema 'Pola liberación e a dignidade da clase traballadora'. A súa candidatura, a única presentada, recibiu 139 votos a favor, 35 en branco e 2 nulos. No proceso tamén se renovou a Executiva -á que concorreron dúas candidaturas- e fixáronse as principais liñas de actuación para os vindeiros catro anos.