A VIII Asemblea da CIG-Servizos de Vigo elixe a Alfredo Filgueiras novo secretario comarcal
A VIII Asemblea da CIG-Servizos de Vigo escolleu hoxe a Alfredo Filgueiras Pereira novo secretario comarcal por 68 votos a favor e 3 en branco. No proceso celebrado no local da central sindical tamén se renovaron a Executiva e a Dirección comarcais e escolléronse os representantes no Consello Federal.
A nova Executiva comarcal está integrada polas seguintes persoas:
1. Alfredo Filgueiras Pereira.
2. Ana Meijide González.
3. Marta Gonzalo Correa.
4. Xusto Fernández Vilas.
5. Carlos Alján Collazo.
6. María José Alonso Rodríguez.
7. Victoria Villaverde López.
8. Humildad Romero Álvarez.
9. Digna Cardoso Iglesias.
10. Pedro Pérez Caride.
11. Xacobe Rodríguez Vila.
Alfredo Filgueiras, presidente do comité de empresa da UTE Zonas Verdes Vigo, concesionaria do servizo de mantemento das zonas verdes do Concello de Vigo, é o novo secretario comarcal da CIG-Servizos en substitución de Transi Fernández, actual secretaria nacional da federación. A candidatura de Filgueiras, a única que concorreu ao proceso celebrado esta mañá, recibiu 68 votos a favor e 3 en branco.
A nova Executiva comarcal saíu adiante con 69 votos positivos e 2 en branco, mentres que Dirección comarcal sumou 66 votos a favor e 5 en branco. Os representantes da CIG-Servizos de Vigo no Consello federal obtiveron 68 votos a favor e 3 en branco.
No transcurso do VIII Congreso analizouse a actual situación económica e laboral e marcáronse as principais liñas de traballo para os vindeiros catro anos, ademais de incidir na necesidade de fortalecer o proxecto da CIG mellorando a organización e a formación dos cadros sindicais e dos delegados/as.
Ao remate do encontro o novo secretario comarcal expresou a súa vontade de continuar coa labor desenvolvida pola federación nos últimos anos e incidiu na necesidade de celebrar asembleas periódicas cos representantes da CIG nas empresas, “porque eles/as son a verdadeira forza da central sindical”.
Integrantes da Dirección comarcal:
1. Alfredo Filgueiras Pereira.
2. María do Tránsito Fernández Fernández.
3. Ana Meijide González.
4. Xusto Fernández Vilas.
5. Ana Abraldes Solla.
6. Bienvenido Fortes Fernández.
7. María José Alonso Rodríguez.
8. Humildad Romero Álvarez.
9. Rosa María Salgueiro Fernández.
10. Pedro Pérez Caride.
11. Iris Pérez Insuela.
Representantes no Consello federal
1. Alfredo Filgueiras Pereira.
2. Sonia Prieto González.
3. Marta Gonzalo Correa.
4. Manuela Fernández Redondo.
5. Carlos Alján Collazo.
6. Xose M. Peleteiro Moteira.
7. Rebeca Dicha Pena.
8. Humildad Romero Álvarez.
9. Digna Cardoso Iglesias.
10. Pedro Pérez Caride.
11. Benito López Pazos.