Convocan unha manifestación para esixir o desbloqueo das negociacións do convenio do siderometal ourensán

Ourense -
A CIG e CCOO veñen de anunciar o inicio dunha campaña de mobilizacións conxuntas

"XEAL pretende seguir enganando a comarca coa súa propaganda"

Cee -
O comité critica que a empresa busca lavar a súa imaxe mentres recorta empregos, produción e dereitos

Remata sen acordo o ERE para 100 empregados/as de Barreras e a CIG estuda emprender accións legais contra a dirección

Vigo -
A central entende que a propiedade do estaleiro vigués actuou de mala fe durante todo o proceso

“Se tocan a unha tócannos a todas!”

Vigo -
A CIG desenvolveu unha protesta solidaria no xuízo por represión sindical a unha empregada de Lonza

A CIG-Industria de Ourense mobilízase contra o acoso laboral en Viaqua

Ourense -
Desenvolveu unha concentración de delegados/as coincidindo co acto de conciliación no SMAC

Volven as protestas contra a empresa farmacéutica Lonza do Porriño por un novo caso de represión sindical

O Porriño -
Este xoves terá lugar o xuízo en Vigo polos constantes cambios de posto e de funcións a unha operaria tras volver de excedencia

O rexistro retributivo de Stellantis, a xuízo tras ser demando pola CIG por incumprir a normativa en materia de igualdade

Vigo -
A sesión terá lugar no Xulgado do Social 2 de Vigo este mércores 6 ás 11:15 horas

A CIG-Industria demándalle á subdelegada do Goberno en Pontevedra implicación na grave crise do naval

Vigo/Pontevedra -
Representantes da central reuníronse coa responsábel estatal para trasladarlle propostas para o sector

Persoal de Ilunion Servicios Industriales concéntrase na Delegación do Goberno para demandar condicións dignas

A Coruña -
Reclaman que se lles aplique o convenio do sector no que prestan servizos

A administración concursal de Barreras acepta readmitir o delegado da CIG despedido como represalia

Vigo -
Poderá abandonar a empresa nas mesmas condicións que o resto de afectados/as polo ERE

A CIG-Industria faise cos tres delegados de persoal que se escollían na empresa Revi Trefilados de Ourense

Ourense -
Logrou un resultado “histórico” tras 62 anos sen representación sindical

Segunda fin de semana sen actividade nos estaleiros de Navantia

Ferrol -
O persoal non entrou facer horas extraordinarias

A sección sindical da CIG denuncia a neglixente actuación de XEAL ante os accidentes laborais

Cee -
Advirten que a empresa mantén unha política de ocultación ao comité de Seguridade

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.