- « Primeiro
- « Anterior
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- Seguinte
A CIG inicia campaña para esixir fondo de compensación para operarios/as do naval e a entrada da Xunta nos estaleiros
A central denuncia que o sector perdeu uns 8000 empregos directos na Ría de Vigo dende os 90
O persoal de Faurecia Escapes desconvoca a folga tras o acordo coa dirección que garante a carga de traballo e o emprego
O paro indefinido suspendérase unha vez que a empresa se amosou disposta a negociar
A CIG solidarízase co despedido da empresa ourensá Cumegal denunciado por repartir panfletos contra a represión sindical
O secretario comarcal de Industria acompañou o afectado na súa comparecencia no Xulgado
Delegados/as da CIG na automoción mobilízanse diante da empresa Antolín en Vigo para denunciar a precariedade no sector
Durante a protesta, que fai parte da campaña de conmemoración do 10 de Marzo, tamén rexeitaron a represión sindical nas compañías
Convocan folga en Faurecia Escapes pola negativa da empresa a garantir carga de traballo que permita manter o cadro de persoal
O comité da firma viguesa tomou a decisión unha vez que Citroën apostou por un competidor para fabricar as pezas do novo modelo K9
Delegados/as da CIG-Industria reclaman cunha protesta a readmisión dun traballador da empresa Cumegal de Ourense
O despido produciuse despois de que se presentase ás eleccións sindicais na candidatura da central
Traballadores/as de mantemento dos estaleiros da ría de Ferrol concéntranse en demanda da subrogación
O persoal realiza estas tarefas dende hai 15 anos
A CIG-Navantia defende a subrogación dos traballadores/as de mantemento dos estaleiros
O cambio de empresa na concesión deste servizo pon en perigo a continuidade dos 65 operarios/as que até agora realizaban estas tarefas
O persoal de Celsa Atlantic rexeita o calendario laboral imposto pola empresa que incrementa a flexibilidade horaria
O Comité denuncia que a empresa organiza os horarios sen ter en conta o ERTE vixente nin o número actual de traballadores/as
CIG-Industria pide a tramitación inmediata de iniciativas que se traduzan na dotación de carga de traballo para o naval
Tras a rolda de entrevistas cos grupos parlamentares nas que expuxeron a situación real das instalacións de Navantia na ría de Ferrol e as propostas da central sindical
O Comité de EMESA denuncia o descolgue “autoritario” e unilateral por parte da empresa do convenio colectivo propio
A nova propietaria, Grupo Soil, agardou o remate da ultraactividade para anunciar a medida, rachando así as negociacións existentes
Traballadores/as de Ainair desconvocan as mobilizacións logo da empresa comprometerse a pagar as cantidades adebedadas
A auxiliar de Navantia tiña pendente de abonar as nóminas e indemnizacións a 16 empregados/as despedidos/as
CIG-Industria advirte os grupos parlamentares da "crítica" situación dos estaleiros de Fene e Ferrol
Todos, agás o PP, manifestan o seu apoio ao 100% das propostas da federación para garantir o futuro dos estaleiros da ría de Ferrol
- « Primeiro
- « Anterior
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- Seguinte
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.