O mercado laboral galego destruíu 16.000 empregos no primeiro trimestre
O paro subiu en 12.900 persoas e a poboación activa de menos de 35 anos reduciuse en 9400
O metal da provincia da Coruña retoma as mobilizacións polo convenio
Este mércores desenvolveuse unha concentración diante das instalacións de TMG en Narón
Nova xornada de folga en Hércules de Armamento para esixir o pago dos salarios e garantías de futuro
Os traballadores/as concentráronse ás portas da fábrica de armas
O director de Ferroatlántica pretende responsabilizar do accidente o persoal ferido
O Comité esixe unha rectificación inmediata ou "actuaremos até as últimas consecuencias"
O Comité de Ferroatlántica reclama unha investigación para aclarar as causas do accidente laboral
Tres traballadores resultaron feridos na fábrica de Brens
O Pleno do TS decide sobre o recurso de casación presentado pola CIG contra o ERE da Fábrica de Armas
O expediente de General Dynamics supuxo o peche das instalacións e o despedimento de todo o persoal
A SEPI despreza a Federación de Industria a pesar de ser a CIG primeira forza sindical en Ferrolterra
A federación de Industria reclama da sociedade estatal que atenda as solicitudes de xuntanza
A CIG-Navantia reclamaralle á SEPI uns "eixos mínimos" no plan industrial
Comunicado das seccións sindicais de Fene e Ferrol
Non avalaremos coa nosa presenza unha negociación que só busca lexitimar a venda das centrais
A CIG non asisitirá á nova reunión convocada por Ferroatlántica en Madrid para este xoves
A CIG non asistirá á reunión con Ferroatlántica porque non hai cambios nos plans e obxectivos da empresa
A central insta a dirección a construír unhas novas e sólidas bases de entendemento
"As ameazas do presidente de Ferroatlántica a través dos medios demostran a desesperación da empresa"
O Comité afirma que cada día "é menos críbel o ilegal plan industrial"
O comité: "Temos total disposición a dialogar con Ferroatlántica, se desiste de vender as centrais"
A representación social responde á convocatoria de reunión en Madrid, por parte da dirección
A federación de Industria da CIG volve gañar as eleccións sindicais na ITV de Ourense
Os dous candidatos da central obtiveron o apoio maioritario do persoal da concesionaria, SyC
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.