A CIG convoca folga de mulleres de 24 horas o vindeiro 8 de marzo de 2021, no Día internacional das mulleres traballadoras. Sobran razóns para que as mulleres fagamos folga este 8-M, para facérmonos visíbeis na rúa, para reivindicarmos os nosos dereitos, para non darmos nin un só paso atrás na nosa loita. Fagamos ouvidos xordos ás voces que mesmo insinuaron que fomos culpábeis da pandemia, ou das que consideran que nunca é o momento axeitado para facérmonos valer. ÚNETE A NÓS!
[Click para +información]
Preto de 300 delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG, acordaron esta mañá convocar folga xeral de mulleres o vindeiro 8 de marzo e trasladar esta proposta ao movemento feminista galego. Un paro de 24 horas “para dar resposta aos ataques do patriarcado, porque non imos permitir que foran de farol o pasado 8 de marzo e que todas as promesas que fixeron nos días posteriores quedaran finalmente en nada”.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular o Decreto de servizos mínimos ditados pola Xunta de Galiza para a xornada de folga de Mulleres convocada o pasado 8 de Marzo. En concreto anula os mínimos referidos á consellaría de Presidencia, CRTVG, Centro de Emerxencias 112 e Parque Nacional das Illas Atlánticas. A CIG, no seu momento, presentou recurso por considerar que se trataba duns “servizos máximos, abusivos e exaxerados” que vulneraban o exercicio do dereito fundamental á folga.
Os e as representantes sindicais da CIG en ZF Dalphimetal España, empresa do sector da automoción con sede en Vigo, denuncian que a dirección vén de discriminar a unha traballadora por secundar o paro feminista do pasado 8 de marzo non renovándolle o contrato.
Coa imaxe da extraordinaria resposta das mulleres galegas á convocatoria de folga deste 8 de Marzo aínda na retina, a secretaria confederal das Mulleres da CIG insta a seguir combatendo as políticas regresivas contra os nosos dereitos nos centros de traballo, nos nosos fogares e na rúa. E fai un chamado a participar nas mobilizacións que a central sindical ten convocadas en Ferrol e Vigo para este sábado 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega.
A secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, que cualificou este 8 de Marzo de “xornada histórica” tras do enorme éxito dos paros e das mobilizacións convocadas ao longo e ancho do país, empraza aos gobernos do PP en Galiza e no Estado a adoptar todas as medidas necesarias para que as demandas que durante toda esta xornada se fixeron sexan atendidas.
Mulleres traballadoras da sanidade, do ensino, do comercio, da industria, dos centros de chamadas, da administración, do téxtil, do mar, das conserveiras,...; mais tamén as xubiladas, as estudantes, as desempregadas, as mulleres que traballan arreo pero non teñen unha remuneración; miles de galegas están a secundar os paros laborais e as mobilizacións convocadas pola CIG neste 8 de Marzo ao longo de todo o país, demostrando que se as mulleres paran, o mundo para.
Estamos asistindo ao inicio dunha xornada de loita histórica na que as mulleres serán, cen anos despois das revoltas de 1918, unha vez máis as protagonistas absolutas. A secretaria de Mulleres da CIG, Margarida Corral, sinala que os datos desta primeira quenda de paro laboral demostran que este 8 de Marzo está a ser xa unha xornada histórica e que a folga de mulleres "é unha realidade imparábel". Subliñando que, aínda que a quenda de madrugada é a que menos visibilidade ten en canto ao seguimento, todo apunta a que esta xornada reivindicativa "vai ser todo un éxito".
A Confederación Intersindical Galega vén de presentar un recurso contra os servizos mínimos establecidos pola Xunta de Galiza. A secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, denuncia que son mesmo maiores que os establecidos para convocatorias anteriores de carácter similar e afirma que “non podemos aceptar uns servizos mínimos que, en realidade, son máximos, abusivos e esaxerados”.
A CIG convoca folga no marco do paro internacional de mulleres que o 8 de marzo secundarán preto de 100 países, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. A central anima a todas as mulleres (estudantes, xubiladas, desempregadas, asalariadas, funcionarias, fixas, eventuais, etc.) a participar activamente neste xornada de loita secundando os paros laborais e acudindo a calquera das máis de 40 mobilizacións que a central sindical ten organizadas ao longo de todo o país.
Unhas 30.000 persoas ateigaron este domingo as rúas de Vigo nunha das maiores mobilizacións da historia do feminismo galego para reivindicar un futuro de dignidade para as mulleres nunha sociedade igualitaria, xusta e libre. Tratouse dunha xornada histórica na que se fixo un chamamento a participar na folga internacional de mulleres convocada o vindeiro 8 de marzo.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.