A CIG convoca folga de mulleres de 24 horas o vindeiro 8 de marzo de 2021, no Día internacional das mulleres traballadoras. Sobran razóns para que as mulleres fagamos folga este 8-M, para facérmonos visíbeis na rúa, para reivindicarmos os nosos dereitos, para non darmos nin un só paso atrás na nosa loita. Fagamos ouvidos xordos ás voces que mesmo insinuaron que fomos culpábeis da pandemia, ou das que consideran que nunca é o momento axeitado para facérmonos valer. ÚNETE A NÓS!
[Click para +información]
A CIG formalizaba este luns no rexistro da Consellaría de Economía, Emprego e Industria a convocatoria da folga de mulleres que terá lugar o 8 de Marzo en Galiza, no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.
A Secretaría das Mulleres da CIG considera vergoñento que o presidente Goberno español, Mariano Rajoy, manifeste que o seu Executivo "nin se debe meter" e que "non é da súa competencia" a promoción de medidas para lograr a equiparación salarial entre homes e mulleres. Parafraseando as palabras de Rajoy, a secretaria confederal das Mulleres, Margarida Corral, sinálalle que "os gobernantes deben ser moi cautos á hora de saber cales son as súas obrigas" e non botar balóns fóra sobre unha problemática "que debería ser do seu coñecemento e da súa responsabilidade".
Dende o 16 ao 30 de xaneiro, a CIG vai realizar asembleas de delegadas e afiliadas en todas as comarcas do país para dar a coñecer e debate arredor da convocatoria de folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.
A CIG convoca esta folga no marco do paro internacional de mulleres que se desenvolverá en máis de 50 países do mundo o 8 de marzo, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.