A CIG convoca folga de mulleres de 24 horas o vindeiro 8 de marzo de 2021, no Día internacional das mulleres traballadoras. Sobran razóns para que as mulleres fagamos folga este 8-M, para facérmonos visíbeis na rúa, para reivindicarmos os nosos dereitos, para non darmos nin un só paso atrás na nosa loita. Fagamos ouvidos xordos ás voces que mesmo insinuaron que fomos culpábeis da pandemia, ou das que consideran que nunca é o momento axeitado para facérmonos valer. ÚNETE A NÓS!
[Click para +información]
Milleiros persoas encheron este domingo as rúas de Lugo para reivindicar un futuro de dignidade para as mulleres nunha sociedade igualitaria, xusta e libre. Baixo o lema "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: Revolta feminista", o feminismo galego colleita outra xornada histórica de loita, amosando o seu poder de convocatoria e que serve como preludio da folga internacional de mulleres convocada para o vindeiro 8 de Marzo.
A manifestación saía pasado o mediodía dende a Porta Falsa, percorreu parte da Ronda da Muralla, cruzou o centro histórico de Lugo, e volveu saír á Ronda até rematar na Praza da Horta de Santo Domingo. Alí, Ana Carreira e Cristina Lombao presentaron o acto final, dando paso a María Reimóndez e María Osoiro, que foron as encargadas de dar lectura ao manifesto, e ás actuacións de Batuko Tabanka e do Grupo Teatro Feminista de Lugo.
A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional que a Asemblea Galegas8M ten convocada para este domingo 3 de marzo en Lugo, no marco das mobilizacións organizadas arredor do Día Internacional da Muller Traballadora e da folga de mulleres convocada para esa xornada. A marcha sairá ás 12 horas dende a Porta Falsa da Muralla e rematará na Praza Horta do Seminario, onde se dará lectura a un manifesto e onde terán lugar diversos actos lúdicos.
A CIG denunciou esta mañá, na xuntanza celebrada para negociar os servizos mínimos para a folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo, que a proposta presentada pola Xunta é, igual que a presentada o ano pasado, “abusiva”. A central sindical subliñou que só están chamadas á folga as mulleres e exixiu que “aqueles servizos mínimos que teñan que ser decretados, sexan cubertos por homes sempre que sexa posíbel”.
Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga de Mulleres do vindeiro 8 de Marzo para que todas as traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade.
A secretaría das Mulleres da CIG presentou, en rolda de prensa, o Informe de “Situación sociolaboral das Mulleres en Galiza (ano 2018)”. Un estudo elaborado polo Gabinete de Economía da central sindical no que se evidencia que persiste unha fenda salarial do 21,5% e que esta se afonda no caso das pensionistas, alcanzando o 36,6%, 15 puntos máis. Unha situación provocada polas máis baixas bases de cotización das mulleres ao longo da súa vida laboral, mais tamén por mor do menor tempo cotizado. De feito, as mulleres de menos de 25 anos acumulan xa 2 meses menos cotizados que os homes da mesma idade.
O salón de actos da CIG da Coruña acollía este xoves unha nova asemblea preparatoria da folga xeral de mulleres que a central sindical ten convocada para o vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. No encontro debateuse arredor da convocatoria de folga, distribuíse material axitativo e organizouse o traballo de cara ás mobilizacións que a CIG vai desenvolver nesa xornada en numerosas localidades.
Na histórica xornada do 8 de marzo do pasado ano, miles de galegas ateigamos as prazas e vilas do país participando no Paro internacional de mulleres, conseguindo pór no foco do debate social a problemática dos coidados e a discriminación que sufrimos as mulleres tanto nos lugares de traballo como fóra destes. Un ano despois, cómpre impulsarmos na Galiza un novo día de loita, para que dunha vez por todas o poder entenda que as mulleres estamos fartas da desigualdade e das agresións que sufrimos e porque non imos permitir que nos fagan retroceder nos nosos dereitos, cando aínda nos quedan moitos por conquistar.
As asembleas que a CIG está a celebrar nas distintas comarcas do país de cara á preparación da folga xeral de mulleres do vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, continuaron hoxe en Pontevedra e Vilagarcía. Ao remate dos encontros celebráronse mobilizacións na Praza da Peregrina e diante do INEM.
A folga xeral de mulleres do vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, xa quenta motores coa celebración das primeiras asembleas convocadas pola CIG en distintas localidades do país. Os encontros, que se celebran nos locais da central e nos que participan centos de traballadoras, están a servir para organizar tanto a folga como as mobilizacións que terán lugar durante a xornada.
A secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, acompañada polas compañeiras da Executiva Confederal e das que conforman a Comisión Nacional de Mulleres, presentou esta mañá, no rexistro da consellaría de Traballo, a convocatoria de Folga Xeral de Mulleres de 24 horas para o vindeiro o de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.