Continúan as asembleas preparatorias da folga xeral de mulleres
A CIG celebrou encontros de delegadas en Pontevedra e Vilagarcía que remataron con mobilizacións
As asembleas que a CIG está a celebrar nas distintas comarcas do país de cara á preparación da folga xeral de mulleres do vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, continuaron hoxe en Pontevedra e Vilagarcía. Ao remate dos encontros celebráronse mobilizacións na Praza da Peregrina e diante do INEM.