A folga de mulleres quenta motores coa celebración das primeiras asembleas
Centos de traballadoras participan nos encontros convocados pola CIG para preparar a xornada do 8M
A folga xeral de mulleres do vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, xa quenta motores coa celebración das primeiras asembleas convocadas pola CIG en distintas localidades do país. Os encontros, que se celebran nos locais da central e nos que participan centos de traballadoras, están a servir para organizar tanto a folga como as mobilizacións que terán lugar durante a xornada.