Conséguese chegar a un acordo nos centros cívicos de Compostela

Nacional -
A CIG-Servizos valora positivamente os avances acadados

CIG-Servizos anuncia unha campaña de denuncia das condicións laborais en Inditex

Nacional -
“O seu éxito está baseado na precariedade, non só en países subdesenvolvidos, tamén aquí”

A CIG esixe unha solución inmediata á problemática do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Forcarei

Forcarei -
Falta de previsión do Goberno ante situación crítica da concesionaria ameaza continuidade e empregos

A CIG non asina o convenio de Urbaser porque recorta os dereitos que o persoal logrou tras unha dura loita sindical

Lugo -
A central critica a negativa de USO e UGT a someter o texto á votación da asemblea dos/as traballadores/as

Nova xornada de protestas en Abeiro Gold para esixir a readmisión dunha traballadora

Lugo -
A CIG entende que o despedimento é unha represalia contra a traballadora por reivindicar os seus dereitos

A primeira xornada de paro obriga a CRTVG a emitir programación ‘enlatada’

Nacional -
O comité intercentros calcula que o seguimento foi dun 80%

Persoal dos centros socioculturais de Santiago concéntrase no Obradoiro polo desbloqueo do convenio

Compostela -
A mobilización insírese nas accións previstas antes da xornada de folga do 29 de novembro

Concentración na residencia Abeiro Gold de Lugo para esixir a readmisión dunha traballadora

Lugo -
CIG-Servizos denuncia que a empresa "ten unha guerra aberta" contra a central sindical

O persoal das cafeterías do CHUS acada un preacordo e o cese do xerente

Compostela -
A CIG-Servizos de Compostela considera que foi posíbel grazas á mobilización das traballadoras/es

O resultado das eleccións en Stradivarius avala o traballo sindical dos últimos 12 anos: 9 delegadas dun comité de 9

A Coruña -
Por primeira vez a CIG foi candidatura única nas eleccións ao comité provincial da Coruña

Os centros socioculturais do Concello de Santiago irán á folga o 29 de novembro

Compostela -
Exixen que se negocie o convenio colectivo e que rematen as presións contra as traballadoras/es

Concentración no Mercadona de Rianxo para esixir a readmisión dunha traballadora despedida tras estar de baixa

Rianxo -
A empregada é unha das máis vetaranas da empresa e tocáballe presidir a mesa electoral

Lefties porá en marcha medidas temporais até que os estudos psicosociais establezan as definitivas

Compostela -
A CIG-Servizos considera que o acordo non sería posíbel sen a mobilización das traballadoras

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.