O comité da planta de lixo de Lousame reclama a intervención da Xunta garantindo o actual modelo

Compostela -
Convoca unha manifestación para o vindeiro domingo 29 en Porto do Son

Traballadoras/es da limpeza dos colexios de Vilalba mobilízanse contra o impago dos seus salarios

Vilalba -
Reclaman tamén a subrogación dunha compañeira pola nova concesionaria, Tragsa

A CIG denuncia a Eulen ante a fiscalía de Ourense por vulneración da liberdade sindical

Ourense -
Continúa a campaña contra a represión da empresa ante o labor reivindicativo da CIG no matadoiro de Coren

A CIG denuncia a situación laboral das traballadoras da limpeza do CEIP Insua Bermúdez de Vilalba

Vilalba -
A anterior empresa débelle 9 nóminas e a nova, TRAGSA, négase a subrogar a unha das compañeiras

O persoal da limpeza logra coa súa incansábel loita que a USC internalice a prestación deste servizo

Santiago -
Iniciaron esta batalla en 2017 ante os intentos de precarizar as condicións laborais

O convenio do comercio de alimentación de Ourense condena o persoal a seguir co soldo máis baixo do país

Ourense -
A CIG non subscribiu o acordo pactado entre a patronal e os sindicatos USO, CCOO e UGT

Traballadores/as de Albada continúan coas protestas para esixir solucións ante a demora dos pregos de condicións

A Coruña -
Critican que a concelleira, despois de dous meses, non teña fixado aínda data de reunión co comité

A CIG gaña as eleccións en Carrefour Lugo e obtén a maioría do comité

Lugo -
A central logrou 5 das 9 delegadas/os que integran o órgano representación

Basta de persecución patronal no sector da hostelaría

A Coruña -
Absolven 2 sindicalista da CIG denunciados por exercer os dereitos fundamentais de liberdade sindical e manifestación

Traballadoras/es de DomusVi Ferrol concéntranse para esixir a readmisión da compañeira despedida

Ferrol -
A protesta realizouse coincidindo co acto de conciliación no SMAC

As limpadoras/es das dependencias municipais de Vigo esixen o cumprimento do convenio colectivo

Vigo -
O persoal de Urbaser mobilizouse diante do Concello coincidindo coa celebración do pleno

A CIG advirte que o 95% dos contratos temporais que fai Carrefour Lugo están en fraude de lei

Lugo -
A sección sindical ten denunciada esta situación na Inspección de Traballo

A CIG continúa en Culleredo a campaña de mobilizacións contra os abusos laborais en Mercadona

Culleredo -
A sección sindical denuncia a política de medo e represión que padece o persoal

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.