Quizais quixo dicir:
06 Set 2022
A CIG-Ensino manifesta o seu apoio á comunidade educativa do CEIP Santa Eulalia de Dumbría na súa xusta reclamación dun/ha profesor/a titor/a a tempo completo, tal e como lle corresponde no catálogo do centro. A CIG tamén apoia e chama a participar na concentración que FEDANPAS ten convocada para mañá mércores, 7 de setembro, ás 20h na Praza 8 de Marzo de Cee.
19 Xul 2022
Nin as altísimas temperaturas nin a treboada puideron co persoal do siderometal de Ourense, que respondeu ao chamamento a mobilizarse o xoves pasado para reclamar o desbloqueo da negociación do convenio colectivo provincial.
30 Xun 2022
O persoal do comercio do metal da provincia de Pontevedra continuou a semana pasada coas mobilizacións para reclamar un convenio colectivo digno e rexeitar a “proposta miserenta” da patronal. Traballadores/as do sector desenvolveron unha manifestación pola rúa do Príncipe en Vigo e logo concentráronse diante da sede da patronal ATRA, onde entregaron escritos asinados polos traballadores/as reclamando o desbloqueo das negociacións.
29 Xun 2022
23 Xun 2022
Delegadas e delegados da CIG no sector financeiro mobilizáronse este xoves nos xulgados de Lugo coincidindo co xuízo da compañeira Paula, traballadora de Abanca a quen a empresa lle denegou a concreción horaria por conciliación.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.