- « Primeiro
- « Anterior
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- Seguinte
- Último »
A CIG critica o deixamento de Endesa e das administracións co persoal das auxiliares
A central sindical reclama medidas concretas, reais e inmediatas para garantir unha transición xusta
A CIG-Industria traslada á sede da Xunta as protestas en defensa da automoción
Traballadores/as e representantes sindicais de Vigo, Pontevedra e Ourense mobilizáronse en Santiago para esixir medidas que garantan o futuro do sector
O persoal de Navantia toma as rúas de Ferrol para exixir avances reais na negociación do convenio
A CIG-Industria escenifica as graves ameazas que enfronta o sector galego da automoción
Mobilizouse diante do Concello de Vigo, onde representantes sindicais expuxeron as principais problemáticas, como a precariedade e a deslocalización
Paro total na fábrica de FerroGlobe de Arteixo e na mina de Serrabal en demanda dun convenio xusto
Centos de persoas marchan en Ourense en solidariedade coa loita do persoal de Coasa
A manifestación coincidiu cunha nova xornada de folga para reclamar unhas condicións dignas, que rexistrou novamente un seguimento total
O persoal de Coasa convoca unha manifestación en Ourense coincidindo con novas xornadas de folga
Onte e hoxe houbo dous novos paros de 24 horas que tiveron un seguimento do 100% entre o persoal de fábrica
A asemblea de Constellium tumba o intento da empresa de revogar o comité da CIG
A compañía do Porriño puxo en marcha o proceso como represalia pola folga que durou 25 días e coa que se logrou a readmisión dun traballador
Persoal de Naturgy protesta nos xulgados de Ourense contra a represión sindical
A mobilización coincidiu co acto de conciliación no SMAC previo ao xuízo pola sanción a un ex delegado da CIG
“Se non se producen avances no convenio das ITV teremos que convocar mobilizacións”
Un dos representantes da CIG na mesa de negociación, e presidente do comité de Pontevedra, denuncia o inmobilismo da empresa concesionaria, SyC Applus, que insiste en dilatar as negociacións
O 100% do persoal de fábrica de Coasa en Ourense secunda a folga por melloras laborais
O paro de 24 horas continúa este venres, xornada na que hai convocada tamén unha protesta no Auditorio, que acolle un congreso de aeronáutica
Mobilización sorpresa do persoal de Navantia para demandar avances na negociación do convenio
- « Primeiro
- « Anterior
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- Seguinte
- Último »
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.