A CIG denuncia que Monbus mantivo conducindo durante horas a unha traballadora que foi agredida nos urbanos de Santiago

Compostela -
A empresa debería ter parado o autobús, avisado a unha ambulancia para que fora trasladada a urxencias para ser avaliado o seu estado

A Inspección de Traballo confirma incumprimentos graves nos vestiarios do persoal condutor de TRALUSA

Compostela -
Obriga á empresa do Grupo Monbus, que xestiona o transporte urbano de Compostela, a garantir, no prazo de dous meses, instalacións axeitadas e suficientes para o persoal condutor, tendo en conta o número de traballadores e traballadoras por quenda

Persoal do comercio de alimentación clama na Coruña por un convenio provincial digno

A Coruña -
Centos de traballadoras e traballadores manifestáronse este domingo en resposta ao inmobilismo patronal e chamaron a participar nas folgas dos días 10, 11 e 13 de outubro

O comité de empresa denuncia a falta de persoal e o deterioro das condicións laborais no CAPM de Cerceda

Cerceda -
A representación das persoas traballadoras reclama solucións aos problemas organizativos do centro e advirte de que a sobrecarga laboral non pode recaer sobre o persoal

A CIG-Ensino reclama á Consellaría o cumprimento do catálogo de postos de traballo no CEIP Pastor Barral de Melide

Melide -
Exixe que se atendan todas as necesidades educativas do alumnado, mentres as familias seguen sen enviar ao estudantado ás aulas

A CIG denuncia que Monbus deixa sen subrogar persoal do transporte escolar en Ribeira e A Pobra

Ribeira -
A nova adxudicataria non incorporou unha decena -que poderían ser máis- de acompañantes e condutores procedentes do Grupo de Empresas Ferrín, que tiñan que estar de alta desde o 9 de setembro

O persoal de limpeza e conserxería dos colexios e pavillóns de Compostela suspende a folga tras acadar un preacordo

Compostela -
Ábrese un proceso negociador con datas para aplicar a xornada de 37,5 horas e facer efectivas as ampliacións de xornada previstas no prego

O persoal do comercio de alimentación da Coruña inicia un novo calendario de mobilizacións por un convenio digno

A Coruña -
As protestas, que arrincaron este xoves no Gadis de Montealto, inclúen unha manifestación provincial o 20 de setembro e tres días máis de folga en outubro

O persoal de limpeza e conserxería dos colexios de Compostela anuncia dez novas xornadas de folga

Compostela -
A CIG denuncia que Lacera mantén a precariedade laboral e incumpre os acordos sobre horarios e xornada

CIG-Xustiza denuncia a saturación estrutural que sofre o equipo de Civil e Familia nos xulgados de Compostela

Compostela -
Reclama a cobertura das prazas vacantes e denuncia os atrasos que isto implica para a resolución de asuntos como pensións de alimentos ou procedementos de violencia de xénero

O comité dos centros socioculturais de Santiago convocará novas protestas se non se remata coa precariedade

Santiago -
Denuncia a redución da xornada a boa parte dun cadro de persoal ao que aínda se lle abonaron todas as nóminas pendentes

A CIG censura unha nova actuación policial desproporcionada no marco dun conflito laboral

Santiago -
A compañeira da federación de Servizos que foi lesionada nun piquete en Compostela vén de presentar denuncia contra o axente na Subdelegación do Goberno