Persoal da limpeza hospitalaria de Pontevedra maniféstase pola readmisión dunha compañeira

Pontevedra -
Acciona, a empresa concesionaria do servizo, despediu a traballadora tras unha baixa médica de longa duración

Seguimento maioritario da folga indefinida no Diario de Pontevedra por un convenio digno

Pontevedra -
O cadro de persoal concentrouse diante das instalacións do xornal tras celebrar unha asemblea a primeira hora da mañá

O persoal do Diario de Pontevedra, abocado á folga indefinida tras a última proposta “irrisoria” da empresa

Pontevedra -
Hoxe desenvolveron a última mobilización prevista antes do inicio do paro, fixado para este xoves 22

O persoal do Diario de Pontevedra: “A vosa avaricia tamén é noticia!”

Pontevedra -
Traballadores/as do xornal manifestáronse polas rúas da cidade por unhas condicións de traballo dignas

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.