A CIG-Industria de Ourense mobilízase contra o ERE extintivo que suporía 17 despidos en Egatel

Ourense -
A empresa comunicou hoxe que retira a proposta e rescindiralle o contrato unicamente a seis persoas, dúas delas voluntarias

Convocan dous días de folga na empresa de automoción Gestamp Vigo por incumprimentos do convenio colectivo

O Porriño -
Os paros terán lugar este mércores 12 e o xoves 13, xornadas nas que tamén se desenvolverán concentracións nas instalacións do Porriño

O sector do metal da provincia de Pontevedra convoca folga indefinida a partir do 18 de xullo

Pontevedra/Vigo -
Hoxe tivo lugar a sexta xornada de paros para reclamar un convenio colectivo digno

Carril reivindica a folga e a mobilización como “único camiño” para lograr melloras laborais na negociación colectiva

Vigo -
O secretario xeral da CIG insta a patronal do metal pontevedrés a negociar “e a deixar de exercer como capataces dunha plantación de algodón”

Cuarta xornada de folga no metal pontevedrés con seguimento practicamente total e protestas masivas

Vigo/Pontevedra -
Milleiros de traballadores/as do sector manifestáronse en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía tras percorrer os principais polígonos industriais

Convocan protestas na empresa Vertifil de Moraña polo despido de seis traballadores/as

Moraña -
Este luns 26 terá lugar unha concentración coincidindo co cambio de quenda de 13:30 a 14:30 horas

O Goberno español prégase ás patronais do metal pontevedrés e impide unha manifestación autorizada en Vigo

Vigo/Pontevedra -
A CIG esixe a dimisión do delegado do Goberno pola desproporcionada actuación policial na terceira xornada de folga por un convenio digno

​O persoal da depuradora de Vigo inicia un calendario de protestas por un convenio con salarios xustos

Vigo -
​Onte desenvolveu unha concentración diante da instalación, que se repetirá este xoves; mentres que o martes 27 haberá manifestación

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.