A CIG reactiva a campaña en defensa da automoción para reclamar unha megaplanta de baterías eléctricas en Galiza

Nacional -
Denuncia que o desleixo da Xunta marxina o noso país nos novos proxectos público-privados

As centrais mobilízanse na empresa do presidente dunha das patronais do metal pontevedrés para forzar o desbloqueo do convenio

Valga -
A CIG, CCOO e UGT desenvolveron unha concentración diante de Urovesa en Valga

Gabadi presenta un ERE para despedir persoal indefinido ao tempo que está subcontratando traballos

Ferrol -
A representación social rexeita a medida que afectaría a 36 dos 176 traballadores/as

O xulgado condena a unha contrata de Alcoa por represión sindical ao voceiro da plataforma de auxiliares e delegado da CIG, Kike Rocha

Cervo -
Recoñece que a decisión de trasladalo de departamento foi unha resposta á súa significación no proceso de negociación do ERE

Os traballadores do COR de Naturgy mobilízanse no Concello da Coruña contra o peche das instalacións

A Coruña -
Con motivo da declaración institucional en apoio ás súas reivindicacións

O xulgado condena a Alu Ibérica por vulneración do dereito fundamental á folga

A Coruña -
A sentenza é un paso máis na loita do persoal contra a represión sindical e por un futuro industrial

A CIG-Industria denuncia que o convenio de Iberdrola que se vén de publicar precariza as condicións laborais

Nacional -
Baixa un 10% o salario do novo persoal, elimina a antigüidade por trienios e recorta beneficios sociais

A CIG, CCOO e UGT mobilízanse por un novo convenio provincial do metal de Pontevedra

Vigo/Pontevedra -
Desenvolveron unha concentración en Talleres Fontán de Vigo para esixir a reapertura das negociacións

Compañeiro Antón González, a loita continúa!

A Mariña -
Foi referente sindical durante moitos anos en Alcoa San Cibrao e secretario comarcal da CIG-Industria

CIG, CCOO e UGT convocan unha gran manifestación para esixir unha solución industrial para Alu Ibérica

A Coruña -
A mobilización terá lugar o sábado 27 de marzo na Coruña

A loita do persoal de mantemento logra arrincar un compromiso sindical dos comités de Navantia

Ferrol -
Na defensa dos dereitos e dos empregos ante a incerteza xerada polo novo contrato

O comité de Ence demanda unha mesa de traballo en busca dunha solución que garanta o emprego

Pontevedra -
Solicita que estean representados os Gobernos español e galego, a empresa e o cadro de persoal

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.