O novo intento de venda ilegal anunciado por Ferroatlántica deixaría as fábricas como subcontratas de FerroGlobe

Cee -
A central reclámalle a Xunta que interveña para impedir esta operación fraudulenta

Convocada manifestación cidadá na Coruña para esixir "futuro para a industria electrointensiva"

A Coruña -
O sábado 8 de xuño, ás 12:00 horas dende a Praza da Palloza

O persoal de Ferroatlántica trasládalle a preocupación pola posíbel venda das centrais e das fábricas aos grupos parlamentares

Cee -
A CIG reclámalle á Xunta que faga valer as cláusulas concesionais para evitar unha segregación ilegal

A CIG insta a Xunta a avanzar solucións para Poligal ante a reanudación das negociacións do ERE

Ferrol -
A central demanda que se amplíe o período de consultas para facilitar unha alternativa de continuidade

Amplo seguimento na folga contra os despedimentos a externalización da actividade en Facet Ibérica

Arteixo -
O persoal secundou un paro laboral de dúas horas

Convocada folga parcial de dúas horas en Facet Ibérica contra os despedimentos e a externalización da actividade

A Coruña -
O paro terá lugar o luns 27 de maio, das 10 ás 12 horas

Traballadores/as de Poligal volven saír en manifestación ao berro de "peche non"

Ferrol -
A marcha partiu do polígono da Gándara en Narón e rematou no edificio da Xunta en Ferrol

A CIG continúa en Celsa Atlantic as mobilizacións en defensa do emprego e por unha tarifa estábel para as electrointensivas

A Laracha -
Apela á unidade sindical para convocar unha gran protesta na Coruña o 8 ou 9 de xuño

Representantes do persoal do naval da ría de Ferrol concéntranse na Delegación do Goberno para pedir carga de traballo

Ferrol -
Ante a perda de emprego inminente nas auxiliares pola falta de ocupación nos próximos dous anos

A CIG gaña as eleccións en Aislamientos Soamar e no concesionario Peugeot, Manuel Rey, de Ferrol

Ferrol -
A Federación de Industria agradece a confianza dos/as traballadores/as no modelo sindical da CIG

O amplo seguimento da folga parcial pola sobrecarga de traballo en Citroën volve paralizar a produción

Vigo -
Os traballadores/as percorreron as rúas de Vigo en manifestación ao berro de “montaxe solución!”

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.