O persoal de Tranvías de Ferrol iniciará mobilizacións para esixir unha solución á reestruturación das liñas de autobús

A Coruña -
Denuncian que a pasividade da Xunta para contestar á proposta de reorganización da empresa pon en risco os empregos

Desaloxan aos traballadores/as do transporte de residuos de SOGAMA do Parlamento de Galiza

Compostela -
Manterán a presión ata que non se solucione definitivamente o conflito

CIG chama a secundar a manifestación en defensa do sector do Mar, por unha nova política pesqueira e contra a Lei de Acuicultura

A Coruña -
Está convocada para o vindeiro sábado día 27 de febreiro con saída ás 11:30 horas da Alameda compostelá e remate na praza do Obradoiro

CIG-Ferrol denuncia o despedimento dun traballador de Refesa, candidato da central ás próximas eleccións sindicais

A Coruña -
Considera que se trata dun caso de represión sindical e advirte que tomará as medidas necesarias para acadar a súa readmisión

O persoal do transporte de residuos de Sogama manterá as protestas mentres non se concrete a oferta da nova empresa

A Coruña -
Así o acordaron na asemblea na que avaliaron a proposta de Copasa -que inclúe a recolocación de 54 condutores/as- pero que a compañía se nega a entregar por escrito

Recollida de sinaturas para pedir á Fiscalía que investigue se policías falsificaron firmas na denuncia a un sindicalista da CIG

A Coruña -
Dirección Xeral da Policía e Delegación do Goberno desatenderon recomendación da Defensora do Pobo de depurar responsabilidades

Convocan manifestación en Ordes, o día 21, en defensa dos postos de traballo no transporte de residuos urbanos de SOGAMA

Compostela -
A asemblea de traballadores acorda atrasar o inicio da folga indefinida até o mércores para facilitar unha negociación

A CIG cre que o acordo para o reparto da cota de xurelo é un "parche" e non unha solución definitiva

Compostela -
Entende que, en todo caso, supón un primeiro chanzo para abrir o diálogo co sector

Exixen a SOGAMA unha solución negociada que garanta a continuidade de todos os postos de traballo de Pellejero

Compostela -
Consideran “insultante” e unha provocación o comunicado emitido polo Presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino

Convocada folga indefinida no transporte de residuos de SOGAMA

Compostela -
O Comité de Transportes Pellejero e Hijos, CIG e COO denuncian a irreponsabilidade da empresa e do PP pola perda da totalidade dos empregos

A FGAMT-CIG de Compostela denuncia abusivas condicións laborais no sector de ambulancias da área sanitaria de Compostela

Compostela -
Os traballadores/as chegan a facer 240 horas ao mes, cando o legal son 170 horas, nun servizo público tan delicado como o de atención a emerxencias

A CIG revalida a primeira posición nas eleccións sindicais da empresa Vertifil Industrial de Pontevedra

Vigo -
A central obtivo catro dos cinco delegados/as que se escollían no comité

A CIG acompaña os mariñeiros do cerco no levantamento simbólico das tendas tras máis de 3 meses de acampada diante da Xunta

Compostela -
As mulleres do sector continuarán á loita en demanda dun reparto xusto da cota

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).