Delegados/as da CIG maniféstanse no Porriño en demanda dunhas condicións laborais dignas para o persoal dependente de Frigolouro

Vigo -
A central celebrou previamente unha asemblea na que se analizou o conflito aberto en Servicarne

A FGAMT-CIG convoca unha manifestación solidaria coa loita do persoal autónomo dependente de Frigolouro

Vigo -
A marcha partirá dende a Casa de Cultura do Porriño este mércores ás 11.30 horas

A CIG gaña as eleccións sindicais celebradas en REFESA

A Coruña -
As represalias da empresa non impediron que o candidato da central sindical, despedido por este motivo, obtivera a maioría dos votos dos seus compañeiros

O pleno do Porriño aproba unha moción instando a Frigolouro a igualar as condicións laborais de todo o persoal

Vigo -
No texto, que saíu adiante por unanimidade, solicítaselle á empresa de procesados cárnicos que modifique os acordos contractuais con Servicarne

A CIG denuncia o despido de cinco autónomos dependentes de Frigolouro que secundaron a folga para reclamar melloras laborais

Vigo -
O persoal de Servicarne que entrou a traballar estivo vixilado por gardas de seguridade

Autónomos/as dependentes de Frigolouro trasladan protestas á Xunta e á Inspección en Vigo para reclamar emprego digno

Vigo -
Este luns celebran unha asemblea no Porriño para decidir as seguintes mobilizacións a desenvolver

A CIG estuda denunciar na Fiscalía as condicións laborais dos falsos/as autónomos/as dependentes de Frigolouro

Vigo -
O persoal de Servicarne decidiu regresar ao traballo mentres as partes negociaban, mais a empresa díxolles que até o luns non terá encargos para eles/as e hoxe continuaron coas protestas

Os autónomos/as dependentes de Frigolouro mobilízanse polas rúas do Porriño na segunda xornada de folga

Vigo -
Unha representación do persoal de Servicarne e da CIG mantivo unha xuntanza coa alcaldesa para que medie no conflito laboral

Máis do 80% dos autónomos/as dependentes de Frigolouro secundan a folga para reclamar melloras laborais

Vigo -
O paro indefinido iniciado hoxe polo persoal da subcontrata Servicarne afectou a produción da compañía cárnica do Porriño

CIG-Transportes denuncia o uso de ambulancias de apoio non equipadas como transporte sanitario de emerxencias

A Coruña -
Advirte da caída no nivel de eficacia do 061 nos últimos anos polos recortes no servizo

Convocan folga na empresa Frigolouro do Porriño para reclamar melloras nas condicións laborais do persoal autónomo dependente

Vigo -
O paro indefinido promovido pola CIG na compañía pontevedresa comeza este xoves

Traballadores/as de ambulancias da área sanitaria de Santiago concéntranse diante do 061 para exixir o cumprimento do convenio

Compostela -
Denuncian que están facendo xornadas moi superiores e cobrando salarios moi inferiores aos legalmente establecidos

Traballadores/as de Tranvías de Ferrol inician mobilizacións en defensa dos empregos e por un mellor servizo

A Coruña -
O persoal realizou unha concentración diante do consistorio ferrolá

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).