O persoal do comercio de alimentación quenta motores en Ferrol para a gran manifestación deste domingo

Ferrol -
A marcha sairá ás 12h do entorno do CC Catro Camiños da Coruña para reclamar un convenio provincial digno

Profesorado e alumnado de Informática do IES de Teis mobilízase contra o recorte de recursos por parte da Consellaría

Vigo -
A CIG-Ensino apoia unha reivindicación que ten como orixe a eliminación das horas lectivas para mantemento do soporte informático que dá servizo a máis de 1700 persoas

As traballadoras da EI O Berce reclaman o cobro inmediato dos seus salarios e ocupación efectiva

Arteixo -
A empresaria pechou a escola sen comunicación oficial, sen rescindirlle os contratos e debéndolle ao persoal as nóminas dende o mes de abril

A CIG-Administración Autonómica denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

Nacional -
O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral

O persoal de Fresno Metal mobilízase contra a represión laboral e os despedimentos

Cerceda -
Nos últimos meses, a empresa botou a máis dunha ducia de persoas que participaron activamente na folga do metal da Coruña

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

Nacional -
A CIG-Administración Autonómica denuncia que “Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras”

O persoal do comercio de alimentación da Coruña inicia un novo calendario de mobilizacións por un convenio digno

A Coruña -
As protestas, que arrincaron este xoves no Gadis de Montealto, inclúen unha manifestación provincial o 20 de setembro e tres días máis de folga en outubro

A CIG esixe que se esclarezan as causas do accidente laboral no que faleceu un traballador nunha obra en Negreira

Negreira -
Traslada as súas condolencias e solidariedade a familiares e compañeiros e compañeiras

Condenan o Sergas por vulnerar os dereitos dun traballador vítima de acoso laboral en Vigo

Vigo -
O TSXG conclúe que se incumpriron as obrigas legais en materia de prevención de riscos e fixa unha indemnización para o afectado

CIG-Saúde alerta de que Galiza segue á cabeza do estado en suicidios, só por detrás de Asturias

Nacional -
Exixe máis sanidade pública e políticas públicas contra a precariedade e a soidade non desexada

Seguimento maioritario na primeira xornada de folga parcial no ensino concertado malia os servizos mínimos

Nacional -
O persoal manifestouse nas delegacións territoriais da consellaría de Educación e diante da Xunta, para reclamar a homologación laboral e a apertura de negociacións na mesa tripartita