A CIG exixe a liberdade do preso político saharauí en folga de fame Naama Asfari

Internacional -
A central sindical súmase á campaña internacional para salvar a súa vida

Concentración o próximo luns na UVigo polo despedimento de tres persoas do servizo de limpeza

Vigo -
A empresa concesionaria, Brócoli SL, que entrou no servizo hai menos dun ano, alega causas organizativas e económicas por unha resolución da Reitoría

Convocada concentración contra a pretensión de Gadis de perseguir o dereito á folga

A Coruña -
A empresa presentou demanda para que se lle pague o que deixou de ganar durante as exitosas xornadas de paro no comercio de alimentación da Coruña

Persoal do transporte de mercadorías mobilízase en Compostela en demanda dun convenio provincial digno

Santiago de Compostela -
As centrais sindicais critican a negativa da patronal a garantir salarios dignos e negociar a mellora das condicións laborais

A CIG rexeita o I Acordo marco estatal do comercio e distribución de alimentación por ser un “atraco" ao persoal do sector

Nacional -
A federación de Servizos presentará as impugnacións necesarias para defender a negociación provincial e os convenios existentes

A sección sindical da CIG en XEAL insta o comité e a dirección a continuar coa negociación do convenio colectivo

Cee -
As asembleas de persoal evidencian que a proposta de preacordo presentada na última reunión non é suficiente nin responde ás demandas sociais

Persoas delegadas da CIG no naval vigués mobilízanse no estaleiro Armón polo incumprimento da xornada continua

Vigo -
A central denunciará na Inspección de Traballo as empresas que non garantan unha medida que se incluíu no convenio para protexer o persoal do estrés térmico

Piden a dimisión da conselleira de Política Social por primar os intereses do empresariado das escolas infantís fronte a persoal e crianzas

Nacional -
Fabiola García e o presidente da Xunta ameazan con eliminar a gratuidade dun servizo público que en Galiza sostén a empresas privadas con condicións precarias

Suspendida protesta na recollida do lixo da Mancomunidade do Salnés á espera de que a empresa resposte a oferta de convenio

O Salnés -
Mantense a concentración prevista para o venres día 13 diante do Concello de Vilanova e a convocatoria de folga do 24 de xullo ao 9 de agosto

O persoal de Ferroglobe en Arteixo rexeita o ERTE e prepara xa un calendario de protestas

A planta de Sabón, da que dependen 113 empregos directos e 200 indirectos, é a única de todo o Estado español dedicada á produción de silicio metal

Denuncian a "situación límite" do SAF de Cariño, con só tres traballadoras de 12 en activo

Cariño -
O persoal padece sobrecarga laboral, non se lle respectan os descansos nin os horarios e non se lle aplica a redución de xornada pactada

Concentrix confirma a perda doutro servizo na Coruña, o que pon en risco até 160 empregos

A Coruña -
O comité de empresa ten convocada folga e unha protesta este mércores día 15 na Delegación do Goberno ás 11:30 horas

A Xunta négase a asinar o protocolo contra a violencia no SAF e o compromiso que garante a súa aplicación

Nacional -
Dende a CIG-Servizos denuncian a falta de implicación do Goberno galego coa seguridade do persoal deste sector esencial