Convocadas tres xornadas de paros parciais en Amazon no Porriño ante a negativa da empresa a mellorar as condicións laborais

Vigo -
Terán lugar este luns 16, o martes 17 e o mércores 18 de 7:00 a 11:30 horas

Persoal do sector de enxeñarías mobilizouse en Applus para reclamar condicións salariais e laborais dignas

Reivindican que o novo convenio recolla unha clasificación adecuada, que se valore o traballo realizado e unha carreira profesional real

As traballadoras do comercio vario da Coruña mobilizaranse este domingo para reclamar condicións e salarios dignos

A Coruña -
A manifestación sairá ás 12h da Praza de Lugo para exixirlle á patronal que sente negociar o convenio provincial e rexeitar o marco estatal que queren impor as grandes empresas do téxtil

A CIG mobilizarase pola negociación dun acordo de condicións laborais para o persoal non docente de Educación

Nacional -
A central tamén fará entrega das sinaturas recollidas entre as traballadoras e traballadores de administración e servizos dos centros educativos

Desconvocada a folga en Forvia de Ourense tras confirmar a empresa carga de traballo para os próximos anos

Ourense -
A maioría do persoal da compañía de automoción votou a favor do acordo

Denuncian a contratación de persoal médico sen especialidade na Atención Primaria da área de Vigo

Vigo -
A CIG-Saúde xa lle remitiu un escrito á Xerencia reclamando que as profesionais teñan a titulación de Especialista en Medicina de Familia e Comunitaria

A CIG anima a participar no acto nacional deste sábado contra a emerxencia lingüística

Nacional -
Convocado por Queremos Galego para presentar o protocolo ‘Lingua Vital’, comezará ás 12h na Praza da Quintana

A Xunta deixa de valorar a permanencia e medidas de conciliación nos concursos de traslados do seu persoal

Nacional -
A administración galega elimina a puntuación pola experiencia no mesmo posto durante anos e o achegamento ao domicilio de fillos/as e persoas en situación de dependencia

Carrefour Lugo incrementa un 25% o custe das comidas para o seu persoal

Lugo -
A sección sindical da CIG rexeita esta suba inasumíbel e lembra que os salarios das traballadoras e traballadores só medraron un 2%

Centos de mulleres mobilízanse coa CIG en Compostela ao berro de “feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade”

Nacional -
A central reivindica o contido de clase e a orixe que deu lugar ao 8 de Marzo, Día internacional das mulleres traballadoras

A CIG-Saúde chama a secundar a folga na Atención Primaria do 12 de marzo en demanda de solucións reais e urxentes

Nacional -
A central sindical ten convocada tamén para ese día unha mobilización na Consellaría de Sanidade, ás 11 horas

Desconvocada a folga en BorgWarner ao comprometerse a empresa a cumprir o convenio

Vigo -
O paro indefinido previsto este luns día 9 queda sen efecto ao dar marcha atrás a compañía da automoción viguesa na modificación da xornada e mellorar categorías profesionais e pago de pluses

O comercio do metal pontevedrés leva as súas reivindicacións ao Salón do Automóbil de Vigo

Vigo -
Persoal do sector desenvolveu unha mobilización no IFEVI para reclamar un convenio colectivo digno e rexeitar as propostas regresivas da patronal