O persoal de Maitours (Alsa Ferrol) irá á folga indefinida para exixir que se lle aplique o convenio provincial

Ferrol -
A empresa, xunto con Intercar, forma a UTE que fai as liñas de autobús urbano e interurbano da comarca

Arrinca o novo calendario de folga na recollida do lixo de Carballo cun seguimento total

Carballo -
Só entrou traballar o persoal afectado polos servizos mínimos, que van ser recorridos por abusivos

A CIG rexeita que se amplíe a capacidade de xestión das mutuas nas baixas por enfermidades músculo-esquelética

Nacional -
A central reuniuse este venres co BNG para trasladarlle a súa postura e demandar actuacións para impedir que o SERGAS subscriba convenios de colaboración

A CIG denuncia un novo peche do parque de bombeiros de Coruxo por falta de persoal

Vigo -
O servizo de extinción de incendios conta no día de hoxe unicamente con 12 dos 21 efectivos establecidos legalmente polo propio Concello de Vigo

O Sergas afonda na precarización do persoal eventual con contratos de 15 en 15 días

Nacional -
A CIG-Saúde denuncia que ofrece vínculos en bloques de 4, 6 ou 8 meses, pero quen non se incorpore o primeiro día, sexa por accidente laboral ou enfermidade común, perde o resto de contratos

A CIG recorre as bases de varios concursos públicos para contratar brigadas de incendios por discriminar as mulleres

Nacional -
Os Concellos do Irixo, Val do Dubra, Carballo ou Santa Comba esixen un certificado de non estar embarazada para poder participar nas probas físicas

O persoal das ambulancias iniciará mobilizacións polo atraso na licitación dos novos contratos

Nacional -
A demora da Consellaría de Sanidade impide que poidan cobrar a paga de regularización recollida no convenio sectorial

A CIG chama a abandonar o falso debate sobre a redución da xornada laboral e urxe avances reais

Nacional -
Denuncia o intento de lexislar de xeito escurantista a través do ‘diálogo social’ e non nos organismos públicos, excluíndo a CIG e os sindicatos máis representativos e maioritarios

A presión social e sindical obriga o Sergas a dotar o PAC da Guarda cun segundo equipo

A Guarda -
A CIG-Saúde lembra que era unha reivindicación histórica da localidade

Amplo seguimento entre o persoal galego dos paros convocados contra o ERE en Vodafone

Vigo/A Coruña -
Os traballadores/as aproveitaron para mobilizarse en Vigo e na Coruña

O Sergas externaliza a codificación de historias clínicas na área sanitaria de Vigo

Vigo -
A CIG-Saúde leva tempo reclamando a dotación do persoal suficiente para asumir esta función e que se garanta a confidencialidade dos datos