A CIG-Ensino denuncia a “situación límite” da EEI Concepción Crespo Rivas de Pontevedra

Pontevedra -
Alumnado e profesorado de Educación Infantil levan sen calefacción desde setembro

Concentracións nas oficinas do INSS para exixir a aprobación inmediata da suba da pensións

Nacional -
O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG reclama a revalorización por lei das pensións “para evitar que se usen como arma política”

O Obradoiro convértese nun clamor social en defensa da sanidade pública galega

Nacional -
Milleiros de persoas participan na manifestación convocada pola Plataforma SOS contra as políticas de recorte e desmantelamento da Xunta do PP

A asemblea de GKN aposta pola folga contra a decisión da empresa de despedir 72 persoas

Vigo -
O cadro de persoal da compañía viguesa do sector da automoción manifestouse hoxe na cidade en defensa dos postos de traballo

Adiado o inicio da folga indefinida no transporte até o martes en aras de facilitar as negociacións e chegar a un acordo de convenio

A Coruña -
A CIG critica que a patronal segue sen abordar materias importantes para o sector e as propostas que traslada seguen sendo insuficientes

A patronal dos autobuses, UGT e CCOO manobran para laminar a maioría da CIG nunha reunión que deixa poucos avances

A Coruña -
As partes quedaron emprazadas a continuar negociando este sábado, ás 11 horas

A CIG-Industria acusa a patronal do metal de Pontevedra de suspender a xuntanza do convenio para demorar a negociación

Pontevedra -
O empresariado puxo como escusa a convocatoria dunha protesta do persoal do sector de comercio do metal

A CIG aposta por un convenio de produtos elaborados do mar con subas salariais dignas e melloras de tipo social

Nacional -
Advírtelle a CCOO e UGT que non vai facer parte de “farsas” para negociar só incrementos de soldos “que ademais son totalmente insuficientes”

Seguimento maioritario na folga para exixir a negociación e aprobación da RPT no Concello de Cariño

Cariño -
Aproveitando o paro de catro horas, o persoal manifestouse polas rúas da vila por unhas condicións laborais dignas

O Tribunal Constitucional suspende o plan da Xunta que unifica as solicitudes de dependencia e discapacidade

Nacional -
A CIG-Autonómica reivindica a creación de novos equipos e o incremento de persoal, espazos axeitados para traballar e formación

O persoal de Textil Lonia organiza unha caravana de vehículos polo centro de Ourense

Ourense -
Decidiuse continuar tamén coas concentracións diarias en tendas de Carolina Herrera e Purificación García até o 6 de febreiro

Folga indefinida na empresa ourensá UNVI a partir de marzo se a dirección insiste en propostas regresivas

Ourense -
O cadro de persoal suspendra tres das cinco últimas xornadas de paros convocados como mostra de boa vontade durante a negociación