O comité de Servisar acusa o Concello de Santiago de ignorar as súas denuncias de deficiencias na empresa

Compostela -
Acusan á empresa de incumprir o convenio colectivo por non ter actualizado o salario co IPC

O comité de Albada reclámalle ao Concello da Coruña a publicación inmediata dos pregos ou que se faga cargo do persoal

A Coruña -
Non descarta convocar folga ante o continuado deterioro das condicións sociolaborais e da planta

CIG-Servizos convoca manifestación o 8 de maio pola dignificación das condicións laborais no SAF

Nacional -
Denuncia que a gran maioría das empresas non están pagando a suba do IPC de 2021

Desconvocada a folga na limpeza hospitalaria de Pontevedra tras lograr as principais reivindicacións sobre o convenio

Pontevedra -
Pactouse a elaboración do cuadrante anual e dous novos pluses

O comite de Urbaser mobilízase polo incumprimento dos acordos da concesionaria

Compostela -
Despediu a dous traballadores que levaban 4 anos contratados

Nova xornada de protestas contra os recortes de persoal no CC Marineda City

A Coruña -
Traballadores/as de seguridade denuncian a redución do servizo malia o incremento da carga de traballo

Carrís Hoteles aplicará un novo ERTE para todo o persoal do Hotel Almirante de Ferrol

Ferrol -
A CIG rexeita esta medida que condena o establecemento a outro ano máis de peche

Delegadas/os da CIG mobilízanse contra a violencia machista e o acoso sindical en Prosegur

A Coruña/Ourense -
A pesar do requirimento da Inspección, a empresa non abriu o protocolo de acoso pola agresión a unha compañeira

Rexeitan a externalización do servizo de limpeza do Eurostars Gran Hotel La Toja

O Grove -
A maioría do comité anuncia mobilizacións no caso de que a empresa non dea marcha atrás

Desconvocada a folga na limpeza das dependencias municipais de Vigo tras pactar unha suba salarial do 19,5% en catro anos

Vigo -
O acordo de convenio entre o comité e a empresa Urbaser foi ratificado en asemblea pola maioría do persoal

A CIG inicia unha campaña de protestas para reclamar condicións dignas para o persoal de Axuda no Fogar

Vigo -
Desenvolveu concentracións hoxe diante de Atendo e Clece en Vigo

CIG-Servizos inicia unha campaña de mobilizacións para esixir máis persoal nas residencias privadas

Nacional -
Delegadas/os do sector concentráronse nas dependencias de Política Social na Coruña

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña inicia mobilizacións por un convenio digno

A Coruña -
Concentráronse diante dun supermercado Gadis e dun Froiz da cidade herculina

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.