A CIG demanda a Lonza Biologics do Porriño polo despido dunha traballadora vítima de acoso laboral

O Porriño -
O xuízo por vulneración de dereito fundamental celebrarase no Xulgado do Social de Vigo este xoves día 30 e xaneiro

Os anuncios de Stellantis non van solucionar a actual crise que atravesa a automoción galega

Vigo -
A CIG considera que a asignación da plataforma de fabricación de vehículos eléctricos á planta de Vigo non rematará coa falta de carga de traballo

A CIG-Industria faise cos tres delegados de persoal que se escollían en Ilunion de Ourense

Ourense -
A candidatura da central no centro especial de emprego do grupo ONCE sumou 77 votos, fronte aos 2 da de CCOO

Demanda da CIG contra Ascensores Enor para que o persoal cobre o plus de perigosidade do Metal de Pontevedra

Vigo/Pontevedra -
O xuízo por conflito colectivo terá lugar na sede do TSXG na Coruña o vindeiro 6 de febreiro

A empresa GRI de Ponteareas aplícalle o terceiro ERTE nun ano a todo o persoal da antiga Ganomagoga

Ponteareas -
Dende a representación sindical denuncian a negativa da dirección a negociar as condicións e trasladan a “frustración” dos afectados/as

Centos de persoas reclaman un plan industrial para As Pontes que garanta un futuro con emprego

As Pontes -
Na mobilización, convocada pola CIG, denunciouse a inacción dos gobernos para reverter o proceso de reconversión e demolición da localidade

Anuladas por ilegais as restricións introducidas por Ilunion no acceso a axudas sociais por parte do persoal

Vigo -
O Xulgado do Social número 5 de Vigo vén de estimar parcialmente a demanda da CIG por modificación substancial das condicións de traballo

A CIG propón que se deixe sen efecto o convenio de Industria Química asinado por CCOO e FEIQUE

Nacional -
Reclama que se retomen as negociacións da comisión negociadora ao momento anterior

A CIG rexeita os Plans Directores de Automoción e do sector Naval presentados pola Xunta, deseñados polos clúster e avalados por CCOO e UGT

Nacional -
Denuncia un cheque en branco con subvencións millonarias para as empresas, sen garantía de contraprestación social algunha, nin medidas fronte ás deslocalizacións

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.