A Coordinadora de Solidariedade Galega con Palestina anuncia manifestación nacional o 5 de outubro en Compostela

Nacional -
O 22 de setembro están xa convocadas concentracións en 42 localidades galegas

Miles de persoas traballadoras da sanidade pública reclaman un “Estatuto Marco para avanzar” que poña en valor a profesionais e doentes

Nacional -
As mobilizacións foron convocadas polas organizacións sindicais con representación no Ámbito de Negociación, CIG-Saúde, SATSE, FSES, FSS-CCOO, UGT, CSIF

Bombeiros/as forestais de Galiza chaman a continuar coas mobilizacións pola mellora das condicións laborais

Nacional -
Reclaman unha suba salarial digna e que se remate coa discriminación entre persoal funcionario e laboral por parte da administración

O Concello de Mos inicia a extinción do contrato coa empresa do SAF sen informar o persoal

Mos -
A representación da CIG solicitara unha reunión cos responsábeis municipais en agosto para abordar os graves incumprimentos laborais de Serveo

A Xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza denega o exceso de cómputo de xornada

Compostela -
CIG-Saúde denuncia que vulnera, así, o dereito do persoal aos seus descansos para conciliar a vida laboral e familiar

A CIG denuncia descontrol e falta de seguridade nos caladoiros do Sáhara e de Mauritania

Pontevedra -
Os incidentes entre pequenas embarcacións e grandes buques factoría como o acontecido o pasado venres son cada vez máis habituais

CIG-Correos advirte da “situación insostíbel” nas oficinas da Coruña

A Coruña -
Miles envíos permanecen acumulados nas unidades mentres o persoal asume acotío o traballo de varias persoas

Clamor en Compostela por un monte galego vivo e con futuro

Nacional -
Milleiros de persoas denuncian a responsabilidade da Xunta de Galiza e exixen un cambio radical nas políticas forestais, agrarias e ambientais

Profesorado, ANPAS, organizacións estudantís e familias exíxenlle á Xunta que aposte polo ensino público

Nacional -
Na concorrida manifestación celebrada hoxe en Santiago -antesala da folga convocada para o 25 de setembro- berrouse contra os recortes, a censura, a propaganda e a burocracia

Comunicado conxunto ante o atraso no pago da nómina por parte de Monbus no transporte urbano de Santiago

Compostela -
Denuncia a desinformación e o intento de manipulación da situación e informa de que se presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo

A CIG mobilízase en Abanca contra a represión sindical e pola readmisión de dúas delegadas despedidas

A Coruña/Vigo -
Unha das traballadoras forma parte do comité do banco na provincia de Pontevedra e a outra compañeira é do comité de Nueva Pescanova O Porriño

A segunda xornada de folga no sector dos coidados leva as protestas a numerosas vilas e centros de traballo

Nacional -
En Vigo, as traballadoras mobilizáronse na Cidade da Xustiza con motivo da visita da conselleira de Política Social