Folga no comercio de alimentación da Coruña os días 21, 22, 23 e 24 de xuño polo bloqueo patronal á negociación do convenio

A Coruña -
Na xornada do martes haberá manifestacións na cidade herculina, Compostela, Ferrol e Ribeira

Pensionistas da CIG entregan preto de 4.500 sinaturas en demanda dunha atención sanitaria pública, universal e de calidade

Nacional -
Denuncian a estratexia planificada polo PP para provocar listas de agarda, derivar á privada e penalizar a quen decide ter a atención na sanidade pública

CIG-Saúde trasládalle á patronal da sanidade privada da Coruña os escritos de repulsa dos comités á represión sindical no QuirónSalud

A Coruña -
A empresa abriu expediente sancionador á presidenta e ao secretario do comité, a quen ademais despediu mentres estaba de baixa médica

O persoal da lavandaría dos hospitais vigueses inicia mobilizacións por un convenio digno

Vigo -
Está a desenvolver concentracións todos os luns, mércores e venres diante do Álvaro Cunqueiro, do Meixoeiro e do Nicolás Peña

O persoal da Escola de Música e do Conservatorio do Concello de Cambados reclama melloras laborais

Cambados -
A CIG-Ensino propón que os contratos sexan de 10 meses e que se incremente o prezo da hora de clase que se lle paga ao profesorado

A Valedora do Pobo admite a queixa da CIG-Saúde pola situación da pediatría itinerante que atende as crianzas do sur de Lugo

Chantada -
A central presentou escrito ante a falta de solucións e a vulneración do dereito á saúde das cativas e cativos

O Supremo confirma que First Stop debe aplicar o convenio do Metal, ratificando a sentenza do TSXG

Compostela -
As sentenzas desmontan a pretensión da empresa de aplicar o convenio de Comercio Vario e reafirman que a actividade real da empresa é a dun taller mecánico

A UVigo é a única pendente da suba salarial a 600 PDI con contratos pre e posdoutorais ou de proxectos de investigación

Nacional -
A CIG-Ensino denuncia que segue sen se cumprir a sentenza do Supremo pola que ten que aplicarse a suba salarial no sector público dos anos 2022 e 2023 a todo o PDI da universidade

A CIG consegue 7 de 9 representantes no comité de Rubí Automotive de Ribadavia

Ribadavia -
Fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais a pesar dos intentos de boicot da empresa, que mesmo despediu dúas persoas traballadoras integrantes da candidatura

Folga na recollida do lixo do Porriño pola parálise na negociación do convenio

O Porriño -
A CIG convoca catro xornadas de paro para os días 9, 10, 11 e 12 de xullo

O Consello Galego de Relacións Laborais convoca a primeira xuntanza da mediación do convenio do metal da Coruña o luns día 22

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A CIG reclámalle responsabilidade á patronal do sector para que acuda con vontade real de chegar a acordo e pechar o conflito