A CIG obtén a maioría absoluta nas eleccións sindicais da empresa Crown Food de Ribadumia

Pontevedra/Salnés -
A federación de Industria de Pontevedra logrou 6 dos 9 delegados/as do comité

Folga indefinida no Servizo de Axuda no Fogar de Forcarei ante o ERE extintivo para todo o persoal

Forcarei -
A actitude do Goberno local, que se nega a negociar, ameaza a continuidade do servizo

Desconvocada a folga no almacén de Froiz en Poio ao lograr melloras nos descansos semanais

Pontevedra -
A asemblea de traballadores/as ratificou o preacordo entre o comité de empresa e a dirección

Folga indefinida no almacén de Froiz en Pontevedra contra a modificación das condicións de traballo

Pontevedra -
A CIG e UGT opóñense aos cambios horarios que impedirían a conciliación laboral e familiar

A Xunta de Persoal da área sanitaria de Pontevedra apoia a loita dos PAC

Pontevedra -
Chama tamén a participar na marcha "pola dignidade da sanidade pública" deste xoves día 24 en Vigo

A CIG-Industria pide o apoio político da Xunta á solicitude para establecer coeficientes redutores no naval

Nacional -
A central mantivo este luns unha reunión con responsábeis da Consellaría de Traballo

A CIG buscará apoios institucionais para lograr a implantación de coeficientes redutores no sector naval

Nacional -
Solicitoulle unha reunión ao conselleiro de Emprego e Industria para abordar esta demanda

A CIG esixe unha solución inmediata á problemática do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Forcarei

Forcarei -
Falta de previsión do Goberno ante situación crítica da concesionaria ameaza continuidade e empregos

A CIG esixe “transparencia e rigor” no concurso de acredores da compañía pontevedresa Mongasa

Pontevedra -
A empresa da construción atópase en liquidación tras presentar tres ERE

As asembleas ratifican o preacordo de convenio dos elaborados do mar

Nacional -
A comisión negociadora reunirase nos vindeiros días para a redacción final do documento e a súa sinatura

Solicitan penas de prisión para dous responsábeis de Transegre por un delito contra a liberdade sindical

Pontevedra -
A CIG presentara unha denuncia contra a compañía pontevedresa por despedir os candidatos da central

O preacordo asinado no sector dos elaborados do mar contempla subas salariais do 16-20% nos catro anos de duración do convenio

Nacional -
A folga indefinida prevista para o xoves desconvocarase se as traballadoras/es ratifican o pactado entre sindicatos e patronal

A presión do persoal do sector dos elaborados do mar obriga a patronal a retomar as negociacións

Vigo/Pontevedra -
A xuntanza para renovar o convenio estatal terá lugar este sábado en Vigo ás 12:00 horas