As asembleas de persoal aproban o preacordo para o convenio do metal da Coruña ao acadarse os obxectivos marcados

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A CIG pon en valor que foi a unidade e a firmeza na loita de todo o sector o que permitiu rachar co inmobilismo patronal e acadar substanciais melloras

A CIG demándalle responsabilidade á patronal para que o luns presente unha proposta que permita pechar o conflito no metal

A Coruña/Ferrol/Compostela -
Na mediación deste venres do convenio da Coruña producíronse avances mais seguen a ser insuficientes para desconvocar as xornadas de folga

A CIG convoca mobilizacións en defensa do emprego en Mercadona ante a implantación dun novo modelo comercial

Nacional -
Desenvolverá protestas en Narón, Vigo e Ourense para reclamar información sobre as consecuencias que terá para o persoal o formato ‘Tenda 9’

O Goberno municipal de Fene expresa o seu apoio as reivindicacións do persoal de Veolia-Viaqua

Fene -
O comité intercentros está desenvolvendo unha rolda de contactos cos concellos que teñen o servizo de auga concesionado coa empresa, de cara á folga do 30 de xuño

A patronal do metal da Coruña segue instalada no inmobilismo na mediación e bloqueando a negociación

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A segunda reunión rematou sen avances e a central lembra que o calendario de folgas segue activo

O persoal de Intacta irá á folga os días 27 e 28 de xuño para reclamar melloras laborais e salariais

As Somozas -
Na xornada do sábado os traballadores e traballadoras concentraranse ás 12:00h no Concello das Somozas

O seguimento masivo da terceira xornada de folga pecha supermercados e almacéns de Gadis e Froiz

A Coruña -
O persoal clama contra o bloqueo da negociación do convenio na provincia da Coruña

As dúas primeiras xornadas de folga no comercio de alimentación da Coruña deixan tendas e almacéns en mínimos

A Coruña -
A CIG-Servizos prevé un seguimento maioritario no paro de mañá, martes día 23, no que tamén haberá manifestacións na Coruña, Compostela, Ferrol e Ribeira

Folga no comercio de alimentación da Coruña os días 21, 22, 23 e 24 de xuño polo bloqueo patronal á negociación do convenio

A Coruña -
Na xornada do martes haberá manifestacións na cidade herculina, Compostela, Ferrol e Ribeira

A representación sindical reclámalle a Navantia negociar o plan industrial e investimentos que garantan o futuro

Ferrol -
A CIG avanza que, nas actuais condicións, non asinará un documento imposto e que supón un “cheque en branco”

O Consello Galego de Relacións Laborais convoca a primeira xuntanza da mediación do convenio do metal da Coruña o luns día 22

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A CIG reclámalle responsabilidade á patronal do sector para que acuda con vontade real de chegar a acordo e pechar o conflito

O persoal civil de Defensa sae do novo ás rúas de Ferrol e Marín para reclamar salarios dignos

Ferrol/Marín -
A CIG reivindicará nas mesa de negociación fixadas para este mes un incremento do complemento específico igual ao ofrecido ao persoal militar e a súa consolidación

O metal da Coruña chega ao 8º día de folga dando unha mostra de forza e coa patronal solicitando unha mediación

A Coruña/Ferrol/Compostela -
De non producirse unha negociación áxil e con propostas que permitan chegar a acordo, os paros seguirán o 30 de xuño, 2, 7 e 9 de xullo