O modelo de dirección de GADIS condenado en firme pola Audiencia Provincial da Coruña
Condena a unha encargada de Melide a 20 meses de prisión e 51.000€ de indemnización por acoso laboral

Traballadoras das residencias privadas animan a secundar a folga con dúas concentracións na Coruña

Traballadoras das residencias privadas de maiores e centros de día irán á folga por un convenio digno
Chaman a colectivos e familiares a sumarse á manifestación que teñen convocada para o 26 de abril

Folga na CRTVG contra a Lei do PP que ameaza os medios públicos galegos
Concentraranse ás 9:30 horas, diante do Parlamento de Galiza, coincidindo co seu debate en pleno

A CIG denuncia os reiterados incumprimentos laborais da empresa que xestiona a piscina municipal das Pontes
Serviplustotal non elabora os calendarios en tempo, non respecta os descansos semanais e abona as nóminas con até 18 días de atraso

Persoal de Gadis e Froiz mobilízase en Vilalba contra a sobrecarga laboral e na defensa dos seus dereitos
Denuncian a non cobertura das ausencias, que non se compensa o exceso de xornada e a negativa a negociar o calendario de vacacións
O persoal da recollida do lixo e a limpeza viaria das Pontes reclama condicións dignas e axilidade no novo contrato

Delegadas da CIG dos Centros Socioculturais de Compostela demandan a municipalización do servizo
Considera que sería a única forma de frear o desmantelamento, garantir o emprego e a prestación dos servizos

O persoal das residencias segue en pé de guerra: “Non somos escravas, somos traballadoras!”
Unha nova manifestación convocada pola CIG-Servizos percorreu hoxe as rúas de Pontevedra para reclamar un convenio digno

A maioría do comité de Ecourense decide desconvocar a folga en contra do mandato da asemblea de persoas traballadoras
A CIG considera unha “traizón” o acordo “precociñado” entre o Concello, a empresa e os sindicatos STL, CCOO, CGT, USO e UGT

O comité do SAF de Ames denuncia os incumprimentos de Osventos Innovación en Servizos S.L, concesionaria do servizo
A CIG-Servizos acusa ao concello de “pasividade” e valora retomar as mobilizacións e mesmo dar traslado á Fiscalía por esta situación

Declarado nulo o despedimento dunha traballadora de Mercadona por ser unha discriminación por razón de enfermidade
A sección sindical da CIG convoca unha concentración o 10 de marzo na tenda de Carballo
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.
Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.