Arrinca o novo calendario de folga na recollida do lixo de Carballo cun seguimento total

Carballo -
Só entrou traballar o persoal afectado polos servizos mínimos, que van ser recorridos por abusivos

Denuncian anomalías no concurso do servizo de seguridade privada da área sanitaria de Vigo

Vigo -
Dende a CIG-Servizos advirten dunha posíbel competencia desleal no proceso

A CIG gaña as eleccións sindicais na limpeza da UdC e duplica a súa representación no comité

A Coruña -
A central obtivo catro das nove delegadas/os que se escollían

Persoal de Froiz en Lugo inicia mobilizacións pola abusiva carga de traballo e na defensa dos dereitos laborais

Lugo -
A protesta súmanse á campaña que a CIG xa ten en marcha en Gadis para reclamarlle ás dúas patronais que senten negociar

O 100% do persoal da recollida do lixo de Carballo secunda a terceira xornada de folga

Carballo -
Denuncian o bloqueo das negociacións do convenio por parte da empresa

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.