CCOO e UGT contribúen a perpetuar a reforma laboral e as políticas neoliberais máis duras co asinamento do IV AENC

Nacional -
O documento final dálle vixencia aos aspectos máis negativos do III Acordo, dificultando así a recuperación dos dereitos roubados

Marga Corral: “As empresas venden respecto pola igualdade de oportunidades e pola conciliación cando na práctica as vulneran”

Vigo -
A CIG mobilizouse en Citroën para rexeitar o acordo interno que limita o dereito a compatibilizar a vida laboral e familiar

A CIG acudirá á mesa do convenio de Consultorías para que se aclaren as dúbidas sobre a ultraactividade

Nacional -
Non se define correctamente a situación na que quedaría a 31 de decembro de 2019

Persoal do 061 e do Grupo Norte iniciarán paros se non avanzan as negociacións polo traslado á Estrada

Nacional -
Afectarán aos servizos sanitarios urxentes de toda Galiza

A CIG pide clarificar o futuro do sector do biodiésel ante os cambios normativos que están a debate

Ferrol -
Inicia unha rolda de contactos para informarse da supresión de aranceis e as limitacións na materia prima

O Concello de Guitiriz négase a readmitir o operario do GES despedido e o xulgado obriga a pagarlle os salarios

Guitiriz -
A CIG demanda ao Goberno local que cumpra coa legalidade e dote o servizo co persoal necesario

A CIG insta a Administración a establecer coeficientes redutores da idade de xubilación no sector naval

Nacional -
A central, na súa condición de sindicato máis representativo, vén de rexistrar a petición ao Ministerio

O centro de saúde de Chantada queda sen odontólogo no verán e ten unha lista de agarda en Fisioterapia de dous anos

Monforte -
CIG-Saúde Monforte pide que se restitúa a praza de fisio da tarde

A CIG gaña as eleccións sindicais na empresa ourensá Coasa

Ourense -
A central logrou aumentar a súa representación ao pasar de cinco a seis delegados/as no comité

A CIG advirte sobre o perigo que supón ter un único anestesista no Hospital Comarcal de Valdeorras

Valdeorras -
Dende a federación de Saúde do Barco denuncian o “trato de desprezo” cara a este centro

A terceira xornada de folga paraliza a produción en Inoxidables de Rábade

Lugo -
Os traballadores están en paro indefinido de 24 horas dende o luns

As traballadoras de limpeza da Xunta mobilízanse diante do Parlamento de Galiza en demanda de igualdade

Compostela -
Reclaman á concesionaria salarios e dereitos laborais como os dos seus compañeiros

A FCM-CIG concéntrase diante da Xunta en defensa do convenio de Pintura asinado en Galiza

Nacional -
Denuncia o “insólito” ataque da administración á negociación colectiva galega