Denuncian os “graves trastornos” que as obras no CIFP Manuel Antonio de Vigo provocan na comunidade escolar

Vigo -
A CIG-Ensino reclama unha maior planificación da Consellaría de Educación á hora de levar a cabo os traballos de acondicionamento dos centros

A CIG faise cos cinco representantes do comité de empresa de Alén Space en Nigrán

Nigrán -
A compañía do sector de Consultorías, nacida como un spin-off na Universidade de Vigo, desenvolve, fabrica e opera pequenos satélites

O Concello de Ponteareas expedienta persoal do SAF en folga por supostos incumprimentos dos servizos mínimos

Ponteareas -
As traballadoras continúan coas mobilizacións diarias diante do consistorio para reclamar a rescisión do contrato coa concesionaria

O persoal de Correos do Porriño mobilízase ante a saturación do servizo por falta de efectivos

O Porriño -
A representación da CIG denuncia a eliminación de tres prazas e a non cobertura de baixas e vacacións

Centos de delegados/as da CIG bótanse á rúa nas sete cidades por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade

Vigo -
A central celebrou asembleas e mobilizacións nas sedes da Xunta no marco da campaña para demandar medidas urxentes nos Orzamentos de 2026

Acusan a Xunta de complicidade co maltrato a persoal e usuarias nas residencias de maiores públicas

Pontevedra/Vigo -
O comité de empresa da Consellaría de Política Social na provincia de Pontevedra mobilizouse en Vigo para reclamar medidas de protección ante as agresións físicas, verbais e mesmo sexuais

A CIG-Industria mobilízase ante o aumento da sinistralidade e dos ritmos de traballo no naval vigués

Vigo -
Delegados/as da central sindical no sector desenvolveron hoxe unha concentración diante das instalacións de Astilleros Ría de Vigo

Denuncian na Inspección de Servizos Sociais as irregularidades no SAF de Ponteareas

Ponteareas -
O Goberno local suspendeu onte o pleno municipal no que estaba previsto que interviñese unha representante das traballadoras en folga

A CIG considera un “desprezo ás traballadoras” o acordo entre o Concello de Ponteareas e a concesionaria do SAF

Ponteareas -
O persoal de Óbolo, en folga indefinida dende o pasado venres, insiste en reclamar que se lle poña fin aos graves incumprimentos da empresa

A CIG-Banca inicia un calendario de protestas contra o peche de oficinas do Santander

Vigo -
Desenvolveu unha concentración en Vigo para rexeitar o novo modelo de negocio da entidade, que está a provocar a destrución de empregos

Folga indefinida no SAF de Ponteareas ante os graves incumprimentos laborais da empresa

Ponteareas -
As traballadoras desenvolven mobilizacións de luns a venres diante do Concello para reclamar a rescisión do contrato con Óbolo

A CIG non asina o acordo de carreira profesional en Povisa porque “penaliza, discrimina e precariza” o persoal

Vigo -
Entre outras cousas, resta dereitos en caso de incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral

A CIG-Saúde de Vigo denuncia a retirada de carteis solidarios con Palestina por parte do Sergas

Vigo -
Insta a Xerencia da Área Sanitaria a dar marcha atrás nunha decisión que considera consecuencia dun posicionamento político contrario ás manifestacións dos profesionais sanitarios