SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación para instar o Sergas a “reconstruír” a área sanitaria de Vigo

Vigo -
A marcha terá lugar este xoves día 4 dende a Praza dos Cabalos ás 19:00 horas

O persoal da automoción galega insiste en esixir medidas urxentes ante despidos e ERTE

Vigo -
A CIG-Industria desenvolveu hoxe unha manifestación en Vigo cando se cumpre un ano da histórica folga en defensa do emprego no sector

A CIG convoca folga en INDRA Gestión de Usuarios contra os despedimentos e a precarización

Nacional -
Os paros de 24 horas desenvolveranse o 28 de novembro e 1 e 2 de decembro

Acordo coa USC para o pagamento da cota patronal ao persoal dos programas Margarita Salas e María Zambrano

Santiago de Compostela -
A UVigo comunicoulle á CIG-Ensino como se abonarán as cantidades pendentes

A CIG censura a actitude “despótica e provocadora” da alcaldesa de Ponteareas coas traballadoras do SAF

Ponteareas -
Castro dedícase a acosar o persoal en folga, chegando hoxe a empuxar e golpear a unha empregada que participaba no peche iniciado onte no Concello

A alcaldesa de Ponteareas suspende o pleno polas protestas das traballadoras do SAF, que pasan a noite pechadas no Concello

Ponteareas -
A rexedora negouse a abordar ao comezo da sesión a moción presentada pola oposición reclamando a rescisión do contrato coa concesionaria

O persoal de Correos intensifica a campaña en demanda de contratacións ante a saturación do servizo

Vigo -
A CIG anuncia novas protestas no Porriño e Cangas denuncia un novo colapso en varias oficinas do centro de Vigo

A CIG clama contra o despido “inxusto e inxustificado” dunha delegada do comité de Abanca na provincia de Pontevedra

Salvaterra -
Desenvolveu unha protesta hoxe diante da entidade en Salvaterra do Miño

A CIG non asina o acordo de ERE e ERTE no CTAG porque contempla despidos forzosos

O Porriño -
A decisión de rescindir até 96 contratos quedará en mans da empresa con sede no Porriño no caso de que non se alcance o número de adscricións voluntarias

A CIG-Servizos mobilízase contra a represión sindical no bingo Castelo Real de Vigo

Vigo -
Reclama a readmisión das dúas persoas traballadoras que foron despedidas tras comunicar o preaviso de eleccións sindicais na empresa

A Inspección atende unha denuncia da CIG e obriga a Supermercados DIA a pagar polo convenio provincial de Pontevedra

Pontevedra -
A autoridade laboral constata unha infracción moi grave por remunerar por debaixo do establecido e abre liquidación de cotas á Seguridade Social por 120 mil euros

“Sen saúde laboral Mercadona vai moi mal!”

Vigo -
A CIG-Servizos mobilizouse hoxe contra o acoso na empresa de alimentación coincidindo coa inauguración dun supermercado en Vigo

Convocada nova protesta contra o acoso laboral en Mercadona coincidindo coa inauguración dun supermercado en Vigo

Vigo -
A concentración terá lugar este luns 17 en García Barbón ás 11:30 horas