Condena a SEMI por represaliar a un membro do Comité que denunciou incumprimentos en materia de prevención de riscos
O TSXG obriga a empresa a repor o traballador nas condicións anteriores e pagarlle unha indemnización por danos morais
A CIG obtén a maioría absoluta nas eleccións celebradas en Hércules de Armamento
A central sindical logrou seis dos nove representantes do Comité
As centrais trasládanlles aos grupos parlamentarios a necesidade dun fondo de compensación para operarios/as do naval
Na proposta da CIG, CCOO e UGT tamén se reclaman medidas para asegurar a actividade nos estaleiros da ría de Vigo
Traballadores/as de Alcoa Inespal concéntranse polo seu dereito á folga
Coincidindo co xuízo contra os servizos mínimos impostos pola empresa no paro convocado no departamento de electrólise
A CIG-Industria solicita a convocatoria urxente da comisión negociadora do convenio do siderometal de Ourense
A central iniciará tamén unha recollida de sinaturas para rexeitar a pretensión patronal de ampliar a xornada á fin de semana
Convocan folga na empresa ourensá Autoneum pola negativa da dirección a equiparar as condicións laborais
O comité da compañía do sector da automoción con sede na Rúa de Valdeorras denuncia tamén o abuso da contratación mediante ETT
Amplo seguimento na segunda xornada de folga no siderometal ourensán para reclamar un convenio digno
O paro convocado pola CIG-Industria afecta maioritariamente ao sector da automoción e de xeito máis desigual a outros
Continúa a folga indefinida en Viza para reclamar un convenio digno tras o fracaso da mediación laboral
A produción na empresa do sector da automoción con sede no Porriño volve estar paralizada
A primeira xornada de folga no sector do siderometal de Ourense rexistra un seguimento maioritario
O paro convocado pola CIG para reclamar un convenio digno afecta ás principais empresas
O 97% do persoal fixo de Viza secunda a primeira xornada da folga indefinida para reclamar un convenio digno
Os únicos/as que entraron a traballar na fábrica do Porriño foron algúns eventuais e parte dos técnicos/as e administrativos/as
CCOO, UGT e a patronal intentan boicotear a folga convocada pola CIG no sector do siderometal de Ourense
Os sindicatos españois pretenden que os traballadores/as asinen xa un convenio que ampliaría a xornada laboral á fin de semana
Os comités de Alcoa solicitarán que a Xunta entre como socio inversor determinante e interveña no proceso de venda
A representación da fábrica de San Cibrao aposta pola creación dunha tarifa eléctrica galega
Convocan folga indefinida na empresa Viza Automoción polo bloqueo nas negociacións do convenio
A decisión foi adoptada pola maioría do comité (CIG, CCOO e UGT) da firma con sede no Porriño
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.