- « Primeiro
- « Anterior
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- Seguinte
- Último »
11106 resultados
Delegados e delegadas da CIG-Ensino concéntranse durante un acto do conselleiro para exixirlle que negocie
Nacional -
Na presentación do ‘Plan de benestar dixital’ a central lembroulle que “o benestar conséguese con condicións de traballo dignas e apostando polo ensino público”
O persoal do Grupo Losán maniféstase polo cobro dos salarios, os empregos e a continuidade produtiva
Curtis -
Á protesta dos traballadores e traballadoras de Aserpal e Industrias Losán tamén se sumaron ducias de veciños e veciñas de Curtis e Vilasantar
CIG-Área Pública cualifica a suba do 2,5 % como “un novo recorte encuberto” do salario do persoal empregado público
Nacional -
Exixe incrementos por enriba do IPC, o estabelecemento dunha cláusula de garantía salarial e unha negociación colectiva real
A CIG urxe a aprobación do protocolo contra a violencia no Servizo de Axuda no Fogar
Nacional -
A central remitiulle un novo escrito á FEGAMP instando a convocar canto antes a mesa de traballo para abordar o documento final
A asemblea de delegados e delegadas do metal da Coruña aproba a plataforma que a CIG defenderá na negociación do próximo convenio
A Coruña -
Péchase así o proceso de elaboración da táboa reivindicativa tras os encontros abertos celebrados en decembro na Coruña, Ferrol e Santiago
Convocada folga no mantemento do CHUO para reclamar máis persoal e melloras laborais
Ourense -
Os paros de 24 horas na concesionaria Serveo Servicios terán lugar os vindeiros días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de febreiro
A CIG-Autonómica denuncia o pacto consentido das escolas infantís privadas financiadas pola Xunta para adiantar mes e medio a matrícula
Nacional -
Un chanzo máis no desmantelamento da rede de galiñas azuis e das escolas infantís públicas
A práctica totalidade do persoal de fabricación de Textil Lonia secunda a folga para reclamar melloras laborais
Ourense -
O persoal da empresa ourensá aproveitou a xornada para desenvolver novas mobilizacións en tendas de Purificación García e Carolina Herrera
A conserva segue adiante coas mobilizacións por un convenio digno tras o fracaso da mediación
Nacional -
Ten convocada unha manifestación para o sábado 24 en Vilagarcía e catro xornadas de folga para os días 27 e 28 xaneiro e 24 e 25 de febreiro
CIG-Saúde rexeita o último texto do Estatuto Marco tras a reunión coa ministra de Sanidade
Nacional -
Estimado o recurso da CIG contra os pregos da limpeza dos centros de saúde de Ferrol
Ferrol -
O órgano de contratación da área sanitaria terá que recalcular o orzamento xa que non tivo en conta os custes salariais actualizados
A CIG-Saúde alerta do colapso do servizo de Oftalmoloxía do hospital Meixoeiro de Vigo
Vigo -
Ducias de pacientes acumulábanse esta mañá nos corredores dunha unidade que rexistrou demoras de máis de dúas horas na atención
- « Primeiro
- « Anterior
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- Seguinte
- Último »