Condenan o Concello de Verín a recoñecer a antigüidade de dous empregados da depuradora

Verín -
Dende a CIG sinalan que hai máis de 70 empregados/as doutros servizos nas mesmas condicións

A CIG reclama un novo edificio administrativo da Xunta en Ourense que centralice os servizos

Ourense -
Insta o Goberno galego e o Concello a axilizar os trámites do proxecto

CIG-Administración solicita medicións de radon en todos os centros de traballo da Xunta na provincia da Coruña

A Coruña -
Ante os elevados niveis deste gas detectados nalgúns edificios

O Porto de Vigo recúa e permite a presenza do representante da CIG no consello de administración

Vigo -
O nomeamento que recolle hoxe o Diario Oficial de Galiza prodúcese unha semana antes do xuízo

O Concello de Carral, condenado por despedir unha traballadora embarazada e que durante anos mantivo como falsa autónoma

Carral -
O TSXG ordena a readmisión inmediata da afectada e o abono dunha indemnización

Condenan o Concello de Verín a readmitir a dous auxiliares da Policía local

Verín -
Os Xulgados do Social declararon os axentes persoal fixo e descontinuo

A CIG demanda que se cubra o posto de dirección da Residencia de Sarria

Sarria -
A central advirte que se está a xestionar o centro baixo criterios arbitrarios

Este venres 7, concentración nos xulgados da Coruña contra a represión sindical e en apoio a Chelo e Javier

A Coruña -
Dous anos despois do inicio da folga na xustiza aínda hai compañeiras e compañeiros perseguidos

O xulgado anula os servizos mínimos da folga dos Bombeiros de Vigo porque non garanten a seguridade

Vigo -
A decisión xudicial, contra a que aínda cabe recurso, chega tras o contencioso presentado pola CIG

A CIG reúnese cos grupos parlamentarios para que demanden formación para o persoal de incendios

Nacional -
BNG, PSOE, Común de Esquerdas e Grupo Mixto apostan pola profesionalización

As traballadoras do SAF de Chantada volven á rúa contra a privatización do servizo

Chantada -
Este xoves farán unha nova protesta coincidindo coa votación no pleno das bases do concurso

Bombeiros de Vigo mobilízanse nos xulgados coincidindo co xuízo contra os servizos mínimos

Vigo -
A CIG presentara un contencioso administrativo porque vulneran o dereito de folga e foron impostos

A CIG medra en votos e mantén dous representantes no comité de empresa da Deputación de Ourense

Ourense -
A central mellorou o resultado obtido hai catro anos entre o persoal laboral a pesar da campaña en contra

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Administración central, autonómica, provincial e local, correos e telégrafos, xustiza, universidades (persoal non docente), xuntas de portos, comisións administrativas de portos e parques de bombeiros.