CIG-Ensino denuncia a amortización de prazas nos centros escolares aproveitando o concurso xeral de traslados

Compostela -
“Isto supón continuar a restrinxir os xa cativos cadros de persoal dos centros, tras a redución de 3.000 docentes desde o ano 2010”, afirma

A CIG-Ensino esíxelle a Educación que non peche a escola de Educación Infantil da Moreira, en Gondomar

Vigo -
Denuncia que a Consellaría non ten en conta as necesidades reais do alumnado e que aplica criterios economicistas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público mobilízase baixo o lema “Nin LOMCE, nin reválidas”

Compostela -
Nais, pais, profesorado e alumnado concentráronse diante da Consellaría de Educación para demandar a paralización e posterior derrogación da lei

A 16ª edición do Correlingua percorrerá unha ducia de localidades baixo o lema 'O galego está en nós'

Vigo -
A popular carreira do alumnado a prol do idioma celebrarase entre o 2 e o 16 de maio

Unha sentenza do TSXG confirma a devolución parcial da paga extra de 2013

A Coruña -
Nova labazada xudicial á Xunta polo recurso de casación en interese de lei que interpuxo contra unha sentenza gañada pola CIG

O estudantado galego secunda masivamente a folga contra a LOMCE e o decreto 3+2

A Coruña -
Durante o paro, que afectou ao ensino medio e superior, realizáronse manifestacións e concentracións por todo o país

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público apoia a folga convocada polo estudantado no ensino medio e universitario

A Coruña -
O paro realizarase o mércores 13 de abril baixo o lema “Defender o público é defender o futuro, nin imposicións españolas nin europeas, non á LOMCE e non ao 3+2”

A CIG tilda de "cacicada" a adxudicación dunha praza dunha materia que non se imparte na Escola de Restauración de Pontevedra

Vigo -
Dende a central aseguran que todo indica que foi creada pola Consellaría de Educación para unha persoa en concreto

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pide o amparo da Valedora para que se paralice a LOMCE e as reválidas

Compostela -
Anuncian unha campaña animando ás familias a que non leven ao alumnado o día das probas

CIG-Ensino adhírese á petición de dedicarlle o Día das Letras Galegas 2017 a Ricardo Carvalho Calero

A Coruña -
Critica o interesado esquecemento do que foi vítima o profesor, que desenvolveu “unha inmensa labor a prol de Galiza e da lingua e cultura galegas”

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público demanda dos grupos do Congreso a paralización e derrogación da LOMCE

Compostela -
Denuncia o “despropósito” da implantación no ensino e fai un chamamento a nais e pais a non levar aos fillos e fillas aos centros no día da proba de reválida de sexto

O profesorado de lingua galega poderá participar na formación PIALE para lingua portuguesa

Compostela -
A CIG-Ensino conseguiu que se aprobara na Mesa Sectorial na que se trataron tamén as ordes polas que se convoca concurso para Direccións de centros e Equipos de Orientación Específicos

A CIG-Ensino exixe dotación suficiente de profesorado para a Universidade de Santiago de Compostela

Compostela -
Manifesta a súa solidareidade co estudantado e co profesorado de Ciencias da educación e Filosofía